Actualidade
Buscador de novas
Martina Aneiros anima aos concellos a solicitar as axudas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local para melloras da eficiencia enerxética
Esta orde da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes está destinada a municipios de ata 15.000 habitantes e conta cun orzamento de 5 M€
Lorenzana sinala a necesidade de que Galicia conte cunha sólida rede de puntos de recarga para vehículos eléctricos
Apunta que en tres meses estará operativo na páxina web da Consellería de Economía e Industria un visor que funcionará como un mapa interactivo onde facer consultas en tempo real sobre a localización destas instalacións na Comunidade
Lorenzana celebra a sentenza do Tribunal Supremo e di que canto máis enerxía eólica se desenvolva máis posibilidades haberá de abaratar a factura eléctrica
O fallo do Supremo “confirma a adecuada tramitación das autorizacións dos parques eólicos por parte da Xunta de Galicia”, di, e “supón unha boa noticia para parques coma este, que teñen perspectivas de crecemento suspendidas e xudicializadas”
A Xunta congratúlase de que o supremo avale a correcta tramitación do parque de Campelo, que abre a porta a levantar a paralización polo TSXG de 64 parques eólicos
A sentenza do Alto tribunal español resolve que o Executivo galego realizou unha tramitación ambiental conforme a dereito na autorización deste parque e rexeita que recorrese ao fraccionamento, en contra do que defendía un fallo do TSXG
A Xunta impulsa con 2,4 M€ a modernización e mellora da competitividade das principais cadeas de valor do sector mineiro galego
Fernández Vila lembra que a galega é a segunda comunidade en canto a emprego mineiro e a cuarta en canto a valor de produción co 9´5 %, ademais de continuar líder nacional en fabricación de pedra natural
A Xunta aspira a ser un referente na xeración e na loxística industrial da eólica mariña
O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitou o proxecto Eolmed na localidade francesa de Port-la-Nouvelle
A Xunta impulsa a mellora da eficiencia enerxética no campo de fútbol Os Medos na Pobra do Brollón cunha achega superior aos 51.000 €
A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións para coñecer as actuacións executadas no marco das axudas do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local
Lorenzana critica a “xenofobia empresarial” que rexeita “por principio e por capricho” calquera proxecto industrial e enerxético
“Reclamar traballo en Galicia e rexeitar ao mesmo tempo os proxectos enerxéticos é unha flagrante contradición. Máxime nestes tempos nos que a enerxía barata, que durante moito tempo sostivo o desenvolvemento europeo, desaparece”, afirma
A Xunta subliña a necesidade de modernizar o parque eólico galego para continuar liderando a produción enerxética a partir da forza do vento
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, e o director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, visitaron esta mañá o parque eólico Serra da Panda, xunto con representantes de Iberdrola en Galicia, e os alcaldes de Ortigueira e Mañón