Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.677 novas da área temática Mar:

28/11/2025 | 18:12 | C. do Mar

A Xunta destaca as Estratexias de desenvolvemento local participativo como motores de financiamiento para o emprendemento nas zonas costeiras

Ángeles V. Suárez subliña que os GALP “achegan financiamento europeo e autonómico que permite reducir riscos, crear emprego e impulsar proxectos innovadores e de diversificación económica”

28/11/2025 | 17:43 | C. do Mar

A Xunta destaca a aposta da Confraría de Cangas pola revalorización dos produtos pesqueiros

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica mantivo un encontro con representantes do pósito para analizar posibles colaboracións

28/11/2025 | 17:14 | C. do Mar

Portos de Galicia reafirma o seu compromiso coa transición enerxética nas XXIX Xornadas de pesca de Celeiro, en Viveiro

O presidente do ente público puxo en valor a auditoría que a Xunta e Recursos de Galicia levan a cabo nos 122 peiraos autonómicos para aforrar enerxía, descarbonizar os grandes sectores e promover o autoconsumo

28/11/2025 | 15:13 | C. do Mar

Galicia reclama ao Goberno central que defenda unha maior asignación para España da cota que o ICCAT outorga á Unión Europea

A Consellería do Mar insta ao Executivo central a aproveitar o incremento de TACs e marxes negociadoras para garantir unha repartición máis xusta para a frota galega

28/11/2025 | 13:08 | C. do Mar; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

A Xunta busca reforzar as relacións comerciais entre Galicia e os Emiratos Árabes Unidos na reunión co seu embaixador en España

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes aposta por incrementar as exportacións galegas no territorio

27/11/2025 | 18:50 | C. do Mar

A Xunta aposta polo xemelgo dixital para unha mellor xestión mariña en Galicia sustentada na ciencia e a innovación

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro destacou que esta iniciativa permitirá “pasar dunha xestión reactiva a unha xestión proactiva, baseada no coñecemento, na predición e na innovación tecnolóxica”