Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 535 novas da área temática Portos:

25/03/2025 | 18:37 | C. do Mar

Villares enxalza o Galicia Fórum Gastronómico como escaparate de excepción dos produtos pesqueiros e da riqueza e sabor da despensa atlántica

O titular de Mar louvou a traxectoria da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, premiada na categoría produtor de Mar, pola contribución destas profesionais ao fornecemento da actividade pesqueira da comunidade

25/03/2025 | 16:35 | C. do Mar
23/03/2025 | 15:11 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

A Xunta reivindica a cociña galega como un motor económico e de emprego na apertura do X Galicia Fórum Gastronómico

O evento contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que visitou varios dos espazos culinarios participantes nesta nova edición da cita gastronómica

22/03/2025 | 13:30 | C. do Mar

Villares destaca a estreita colaboración da Xunta coas entidades do sector pesqueiro no desenvolvemento de novas accións formativas

O titular de Mar destacou que estas iniciativas, que permiten afondar na competitividade e remuda xeracional da pesca galega, son beneficiarias da orde de axudas dotadas con 1,5 millóns de euros

21/03/2025 | 18:27 | C. do Mar

A Xunta acusa a Concello e Costas de “abandono de funcións” na vertedura por hidrocarburos na Ribeiriña polo que foron pechados varios bancos marisqueiros

O Goberno galego insta aos responsables municipais, como administración competente, e á Demarcación de Costas a actuar con dilixencia para eliminar este foco de contaminación detectado na Pobra do Caramiñal

21/03/2025 | 16:54 | C. do Mar

Portos e o Concello de Viveiro acordan a construción dun paseo no borde marítimo e a reurbanización do aparcadoiro do porto vello

A rehabilitación da coñecida como ‘Casa do Guardamuelles’ e a reorganización do espazo dedicado a aparcadoiro no entorno do náutico da localidade e do Centro de Saúde son outras das actuacións consensuadas

21/03/2025 | 16:43 | C. do Mar

O CIMA conclúe o estudo preliminar sobre a presenza da ouxa no litoral galego e senta as bases dun futuro proxecto Redemar

Na elaboración do documento participaron a Federación Galega de Confrarías de Pescadores, a Unidade Técnica de Pesca (UTPB) e o Cetmar

21/03/2025 | 15:47 | C. do Mar

Villares sitúa a Galicia como referente en formación no ámbito marítimo pesqueiro na que inviste este ano 12,3 millóns de euros

O titular de Mar puxo en valor o traballo docente deste centro autonómico, o primeiro de España, recoñecido como Centro de Referencia Nacional de Pesca e Navegación, que forma cada curso a preto de 400 persoas

17/03/2025 | 18:20 | C. do Mar

Galicia reclama unha reforma da Política Pesqueira Común que responda de xeito eficaz ás necesidades e desafíos actuais do sector

O titular de Mar avoga por un modelo de xestión pesqueira equilibrado entre os factores medioambientais e os socioeconómicos, sustentado no coñecemento científico, e que reforza a pesca como piar da soberanía alimentaria