Actualidade
Buscador de novas
Rueda anuncia que a Xunta compromete preto de 2.000 M€ en vivenda ata 2030, o que permitirá ampliar o parque público residencial a 10.000 inmobles
Destaca que o Consello aprobou o II Pacto de vivenda de Galicia, que favorecerá un impacto laboral de arredor de 60.000 postos de traballo
Un total de 35 concellos solicitan en tan só 4 horas as axudas da Xunta para rehabilitar edificios de titularidade municipal con destino a 64 vivendas protexidas
O Goberno galego destina un orzamento bianual de 2,1M€ a esta nova convocatoria e os concellos poden solicitar as axudas desde hoxe ata o 3 de xullo ou ata esgotamento do crédito orzamentario
A Xunta licita a redacción do proxecto para construír 12 novas vivendas públicas en Baiona, que suporán un investimento de 2,5 M€
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica a licitación do contrato de redacción por máis de 120.000€ e fixa a presentación de ofertas ata o 6 de marzo
María Martínez Allegue visita en Arteixo a empresa Aluman, referente no uso de técnicas industrializadas, polas que aposta a Xunta na construción de vivenda pública
Detallou que o Goberno galego está a aplicar este método no impulso de case 500 vivendas públicas, por exemplo nun edificio en Xuxán, na Coruña; ou noutro en Mos; permitindo axilizar os traballos e realizar xa os sorteos dos fogares
A Xunta publica no DOG a delimitación do ámbito das Carolinas en Vilagarcía, para desenvolver solo residencial onde construír 350 vivendas
A resolución implica a declaración do interese autonómico da actuación que se levará a cabo, no marco da Estratexia Galega de Solo Residencial que ten en marcha a Xunta
O Concello de Verín adhírese ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de 15 vivendas protexidas
A Xunta pon a disposición do Concello esta ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, dúas parcelas contiguas neste municipio
A Xunta recibe nas primeiras horas máis de 1.000 peticións de axudas para rehabilitar vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes
A Consellería de Vivenda activou hoxe ás 9 horas o prazo para pedir estas subvencións, que rematará o 1 de setembro ou no momento do esgotamento do crédito
A Xunta concedeu no 2025 un total de 136 axudas para adquisición de vivenda protexida, por un importe de 1,6 M€
Allegue anunciou que a Xunta volverá convocar estas axudas cunha maior dotación orzamentaria e con carácter retroactivo desde a data do 15 de outubro do 2025