Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.194 novas da área temática Igualdade:

31/07/2025 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta facilita o servizo de transporte adaptado ao alumnado de 17 entidades sen ánimo de lucro e centros especiais de emprego

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinou as addendas aos convenios subscritos, que suman un investimento superior aos 1,9 M€

31/07/2025 | 13:03 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta e o concello do Incio asinan un convenio para a adhesión deste municipio ao programa Xantar na Casa

Inicialmente oito persoas poderán beneficiarse desta iniciativa, que garante unha dieta saudable e equilibrada durante toda a semana

31/07/2025 | 12:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta mantén aberto o prazo para solicitar as axudas para o emprendemento feminino do programa Emega

A convocatoria conta cun orzamento total de máis de 5M€ e o prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 14 de agosto

31/07/2025 | 09:44 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García avanza que a Xunta colaborará coa Fegamp na elaboración dun protocolo de protección para o persoal do servizo de axuda no fogar

A conselleira de Política Social e Igualdade mostra o seu apoio á proposta do vicepresidente primeiro da Fegamp de que se redacte un protocolo con criterios comúns ante posibles cuestións derivadas do exercicio da actividade laboral

28/07/2025 | 13:36 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza a atención ás mulleres vítimas de violencia sexual cun centro de crise 24 horas no HULA

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que o servizo facilita intervención especializada e acompañamento integral en función da demanda das usuarias

27/07/2025 | 13:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que segue aberto o prazo da convocatoria de axudas para programas de entidades do Terceiro Sector con cargo ao 0,7% do IRPF

O orzamento inicial destas axudas é de 33M€, que podería elevarse ata 35M€, o que supón un incremento do 7% con respecto á anterior convocatoria

27/07/2025 | 09:06 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta colabora con 3 proxectos indiviudais e colectivos nos Premios Galicia de Acción Voluntaria

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución das axudas convocadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dotadas con 12.000 euros

26/07/2025 | 10:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta dá inicio aos primeiros grupos de traballo da Estratexia Galega de Emprego Feminino en sectores masculinizados

O obxectivo é eliminar barreiras e establecer boas prácticas para favorecer a presenza de mulleres en sectores con baixa representación feminina

25/07/2025 | 18:21 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recorda que os proxectos de emprendemento feminino galegos poden acollerse ás axudas do programa Emega

A convocatoria contempla catro modalidades de axuda, Emerxe, Impulsa e Innova, máis outra complementaria, Concilia; e as achegas oscilan entre os 8.000 e os 42.000 euros

23/07/2025 | 13:45 | C. do Medio Rural; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que Ludoconcilia é un campamento inclusivo que fomenta a corresponsabilidade e a conciliación na contorna rural

María Quintiana sinalou que o Executivo autonómico financia con máis de 7.000 euros esta iniciativa de conciliación a través da liña de axudas para entidades sociais do Plan Corresponsables