Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 829 novas da área temática Territorio:

28/10/2025 | 15:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta trasladará á UE os proxectos galegos que optan a financiamento do Fondo Social polo Clima ante a deixadez de funcións do Goberno central

Ángeles Vázquez denuncia que o Goberno central non presentou o Plan Social para o Clima, no que se plasmarían as actuacións a financiar en España a través dese Fondo impulsado pola UE, que conta cun orzamento de 9.000 M€

28/10/2025 | 15:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 80.300 euros no reforzo do firme da avenida de Becerreá, en Sarria

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o Goberno galego está a traballar na rehabilitación do pavimento da estrada autonómica LU-635, que mide algo máis dun quilómetro e conecta coa LU-636 en Vilar de Sarria

28/10/2025 | 13:17 | C. de Sanidade

As contas de 2026 consolidan a aposta polo reforzo de persoal na sanidade pública, con 2.460 M€ orzamentados e a creación de 1.244 prazas

Aumenta un 4,75 % o investimento en atención primaria, que chega ata os 1.747 M€, e permitirá crear, entre outras, 77 novas prazas para os Puntos de Atención Continuada

28/10/2025 | 11:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta amplía o orzamento deste ano para o Bono Emancípate en 250.000€ e aumenta a contía da convocatoria de 2026 ata chegar aos 3 M€

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, anuncia as novidades do programa coincidindo coa publicación no Diario Oficial de Galicia do incremento do crédito

27/10/2025 | 15:48 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta renova o seu apoio ao ‘Castañazo’ de Chantada, que celebra a súa 20ª edición o venres e o sábado

A Delegación Territorial de Lugo acolleu a presentación do festival, que inclúe unha decena de concertos de grupos galegos e actividades paralelas para todas as idades

27/10/2025 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convocará en 2026 arredor de 1.500 prazas de profesorado, o que afianzará a mellora progresiva de ratios co reforzo de docentes pese a caída de alumnos

Román Rodríguez detalla que estas contas, que medran ata os 3.090 M€, un récord que representa o “compromiso político” coa educación e a I+D+i “como piares para asegurar o benestar das persoas e o progreso social e económico de Galicia”

26/10/2025 | 15:09 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta avanza coas rexións do sudoeste europeo na accesibilidade e inclusión no Camiño de Santiago

Técnicos da S.A de Xestión do Plan Xacobeo puxeron en común en Toulouse a experiencia de xestión autonómica no marco do Plan Director dos Camiños de Santiago 2027

25/10/2025 | 10:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta finaliza a demolición do edificio do Hotel de Pacientes do Chuac na Coruña

A demolición da estrutura e a fachada do inmoble de 10 plantas realizouse en tres semanas trala intervención de maquinaria pesada

24/10/2025 | 18:53 | C. de Economía e Industria

A Xunta reforza a súa aposta pola innovación industrial con cinco novas liñas de apoio que superan os 47 M€ nos Orzamentos de 2026

Os Orzamentos da Consellería de Economía e Industria ascenden a 453,8 M€, un 6 % máis que no pasado exercicio porque, pese a perder 41,7 M€ do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE (MRR), increméntanse os fondos propios