Actualidad
Buscador de noticias
A Xunta recibe as primeiras solicitudes de axuda para a reconstrución das vivendas afectadas polos lumes
As primeiras peticións recibíronse de afectados dos concellos de Quiroga, Cualedro, Petín e Vilamartín de Valdeorras, e nun dos casos trátase de vivenda habitual
A conselleira María M. Allegue reúnese con propietarios de vivendas afectadas polos lumes no concello de Cualedro
Allegue desprazouse a Lamalonga e Lucenza, onde escoitou aos veciños cuxos fogares se viron afectados polos incendios e coñeceu in situ os danos nas súas casas
A Xunta adxudica por 240.000 euros as obras de mellora da accesibilidade da rúa Rocha de Vélez, en Mondoñedo, enmarcadas no Plan Hurbe
A intervención busca mellorar a accesibilidade á zona dos Castros desde a rúa Rocha de Vélez, facilitando o acceso a vehículos e peóns nunha soa dirección de maneira segura
A Xunta adxudica por preto de 355.000 € as obras que completan a humanización e mellora da accesibilidade do núcleo de moreiras, no concello de Toén
Trátase de crear un conxunto de espazos de lecer en Moreiras, incluíndo un auditorio ao aire libre, a creación dunha zona de pérgolas, un área de xogos infantís e outra onde se instalarán aparatos biosaudables e unha pista multideportiva
A Xunta adxudica por máis de 133.000 € a humanización dunha praza en Fonteboa, en San Cibrao das Viñas
A actuación consistirá na humanización da praza xerada na confluencia das rúas Fonteboa e Camiño da auga, coa remodelación total do ámbito
A Xunta recibe 13 ofertas para a recuperación de espazo para uso peonil no entorno da Igrexa de Santa María de Sacos, en Cerdedo-Cotobade
As intervencións teñen como obxectivo habilitar un espazo para uso da veciñanza no entorno da igrexa, aumentando o espazo peonil existente coa creación dunha plataforma única e mellorando a eficiencia enerxética coa substitución das luminarias actuais
Rueda anuncia que este mesmo luns xa poderán solicitarse as axudas da Xunta para a reconstrución das zonas afectadas polos incendios
Asegura que “todas as persoas con dereito ás axudas van recibilas”, sen límite de importe total
Xunta e Concello de Carballo asinan a cesión de solo para a construción de 73 vivendas de promoción pública, no mesmo día que o Executivo galego licita a redacción do proxecto e dirección da obra
O Goberno galego estima en 14 M€ o investimento total neste novo inmoble
A Xunta traballa na convocatoria das axudas aos propietarios de vivendas afectadas polos incendios
No encontro avaliaron a situación dos inmobles nos lugares nos que se produciron lumes
A Xunta recibe oito ofertas para a redacción do proxecto para construír 24 vivendas públicas na rúa Angelo Collocci en Lugo
O investimento total estimado previsto para a súa construción é de 4,4 M€