Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 38.828 novas da área temática Áreas temáticas:

25/09/2026 | 14:41 | C. do Mar

A Xunta e Anfaco despregan unha ofensiva institucional para blindar a industria conserveira ante as negociacións da UE con Tailandia

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o secretario xeral de Anfaco-Cytma, Roberto Alonso, demandan que o atún en conserva sexa declarado produto estritamente sensible e se exclúa dos acordos comerciais sen garantías de reciprocidade

25/09/2026 | 14:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Santiago acollerá en novembro a Bienal Estatal de Circo co apoio da Xunta

O encontro, co que colabora a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, reunirá na cidade a artistas, compañías, programadores e distribuidores

25/09/2026 | 14:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reafirma o seu compromiso co tecido social para seguir avanzando con firmeza nos dereitos das persoas con discapacidade

Begoña Abeijón puxo en valor o traballo das entidades para estender os recursos e medidas do Goberno galego a quen máis o precisa

25/09/2026 | 14:22 | C. do Medio Rural

Desactivada a situación 2 no incendio do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín

Esta situación operativa de emerxencia declarouse onte pola proximidade do lume ao núcleo de poboación de As Meaus, no municipio limítrofe de Baltar

25/09/2026 | 13:57 | C. de Economía e Industria

A Xunta gaba á industria galega pola súa capacidade para posicionarase nun sector global e altamente competitivo como o aeroespacial

A directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, clausura en Vigo a cuarta edición do New Space España 2026, o congreso de referencia do sector a nivel estatal

25/09/2026 | 13:54 | C. do Mar

A Xunta apoia a modernización dos servizos á frota de Burela co novo sistema automatizado de xeo

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou as instalacións de Armadores de Burela S.A. (ABSA) e coñeceu de preto o novo sistema, que dá servizo a máis de 300 embarcacións

25/09/2026 | 13:33 | C. do Medio Rural

Medio Rural reafirma o seu apoio aos pequenos produtores do sector primario que poñen en valor a calidade diferenciada do agro galego

Gómez subliña o labor destas empresas no contexto da multifuncionalidade do monte, entendido como unha suma de aproveitamentos e tamén como un modelo no que produción, calidade, sustentabilidade e xestión do territorio se reforzan mutuamente

25/09/2026 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Alumnos do CIFP As Mercedes e do IES Sanxillao formaranse no Parque de Bombeiros, na Praza de Abastos e no Mercado Municipal de Lugo

O obxectivo é achegar os estudantes a contornas reais de traballo co complemento da experiencia das persoas que traballan nestas instalacións

25/09/2026 | 13:10 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta salienta o papel dos fondos europeos nunha Galicia integrada en Europa e con novos retos e oportunidades

Corenta anos despois da entrada na CE, a Comunidade galega está máis conectada, aberta ao exterior, cunha economía máis diversificada e cunha sociedade máis formada