Actualidade
Buscador de novas
A Xunta entrega os premios do ‘escape room’ sobre Castelao, no que participaron máis de 700 escolares de Lugo
Resultou gañador un grupo do colexio Illa Verde, seguido por un da Milagrosa e outro da Anexa en segundo e terceiro lugar, respectivamente
Valentín García salienta a contribución das xornadas de convivencia ‘Cholo e Nela’ para pór en valor o galego dun xeito lúdico e educativo entre a cativada
O secretario xeral da Lingua enxalza a “enorme implicación” da comunidade escolar nesta actividade con 500 rapaces de Educación Infantil, acompañados de 300 pais e nais
A Xunta e as universidades galegas afondan nas liñas de actuación para seguir fomentando o uso da lingua
O obxectivo da xuntanza é planificar e definir as pautas que dinamicen o idioma no ensino superior
Valentín García enxalza os espazos escolares “como motores de dinamización do galego”
A proposta enmárcase nunha iniciativa máis ampla que, baixo o mesmo nome, promove o uso do idioma a través de distintas accións como campañas nas redes sociais
A Xunta destaca a contribución do Premio Literario San Clemente a crear novas xeracións de lectores
O secretario de Educación xeral técnico e o secretario xeral da Lingua participan na presentación das nove novelas finalistas do galardón do IES Rosalía de Castro de Santiago
Valentín Garcia destaca a creación en galego como referente para as novas xeracións no Festival de Cans
O secretario xeral da Lingua asiste á apertura da exposición ‘Cans senior’ e á inauguración da rúa efémera dedicada á cineasta galega Cruz Risco
A Xunta colabora na novena edición de ‘No bico un cantar’ que se suma á celebración do Ano Castelao
O encontro, que pon música á tradición literaria galega, celébrase en Rianxo, a localidade natal do intelectual, o 6 de xuño
Valentín García agradece o traballo de ‘Ponte... nas ondas!’ no reforzo dos lazos coa lusofonía
O secretario xeral da Lingua pon en valor o labor desta entidade que impulsa a foliada ‘Agora cantamos nós’ coa participación de 15 centros educativos de Galicia e Portugal
A Xunta convoca 10 prazas de lectorados para reforzar o ensino da lingua e cultura galegas en seis países estranxeiros
Desenvolveranse en universidades de dúas comunidades autónomas, Portugal, Brasil, Croacia, Alemaña, Reino Unido e Polonia