Actualidade
Buscador de novas
A Xunta impulsa a competitividade do sector comercial e artesán a través da nova orde de achegas de preto de 4 M€ que afonda na simplificación administrativa
O conselleiro lembrou que a orde, que abre o próximo venres 16, conta con tres liñas de apoios compatibles entre si destinadas a promover a dixitalización, innovación e sustentabilidade do comercio retallista e dos obradoiros artesanais galegos
A Xunta destaca a campaña ‘Este Nadal toca en Melide’ pola súa capacidade dinamizadora do comercio local
O director xeral de Comercio e Consumo participou hoxe na gala de Nadal organizada pola Asociación de Empresarios Terra de Melide – Centro Comercial Aberto (Asetem-CCA) en colaboración co Concello, que albergou diversos sorteos entre a clientela
A Xunta impulsa a innovación e sostibilidade do comercio cunha nova convocatoria de case 4 M€ que axiliza trámites e busca chegar a máis negocios
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou en Ourense as tendas Turini Sport e Amodo, beneficiarias destas achegas das que o DOG publica hoxe a convocatoria de 2026 con tres liñas de apoio compatibles entre si
A Xunta continuará impulsando neste 2026 o seu proxecto ‘Artesanía no Prato’ que vén de ser distinguido nos Premios Nacionais de Artesanía
A iniciativa impulsada pola Fundación Artesanía de Galicia desde o ano 2013 co obxectivo de facer converxer artesanía e gastronomía foi recoñecida na categoría Promociona Entidades Públicas
A Xunta impulsa o coñecemento do comercio local entre máis de 2.200 estudantes de preto de 50 centros educativos galegos a través do Programa Localízate
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, deu recentemente a benvida aos docentes participantes na formación en liña da nova edición da iniciativa
A Xunta destaca en Lalín a cooperación co comercio local para impulsar o consumo e as vendas de proximidade co gallo das festas do Nadal
José González destacou os sete pobos recreados na vila pontevedresa, con preto de 70 casiñas abertas aos nenos e nenas por estas datas