Actualidade
Buscador de novas
A Xunta colabora co Concello de Cariño para o acondicionamento do pavillón municipal por importe de preto de 240.000 euros
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asinou o acordo coa alcaldesa, Ana María López Fernández
María José Gómez destaca o potencial formativo de Galicia na loita contra incendios forestais, que atrae a profesionais europeos
A conselleira do Medio Rural recibiu hoxe a unha vintena de profesionais dos Países Baixos que están a realizar unha estancia formativa no Centro Integral de Loita contra o Lume (CILL) de Toén, enmarcada no Mecanismo Europeo de Protección Civil
A Xunta financia con 150.000 euros cinco microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior
A resolución inclúe axudas a cinco organizacións non gobernamentais para financiar microproxectos en Guatemala, República Dominicana, Ruanda, Costa de Marfil, Perú e Bolivia
A Xunta salienta na celebración do Día do Cooperativismo Galego o potencial da economía social en Galicia e a súa aposta para impulsala
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social e a directora xeral de Formación Profesional, participaron en Rábade no acto conmemorativo do Día do Cooperativismo Galego
Rueda defende reforzar unha visión territorial da Unión Europea con motivo dos 40 anos da adhesión de España
Demanda maior peso das rexións á hora de xestionar os fondos europeos e salienta a gobernanza descentralizada como unha das grandes fortalezas da Unión Europea
Rueda destaca a nova sede do Instituto de Física de Altas Enerxías como símbolo do compromiso de Galicia coa ciencia e coa investigación de excelencia
Salienta o traballo feito polo IGFAE durante máis de 20 anos e que lle permite traballar “con centros referentes a nivel europeo e mundial”
A Xunta reforza o seu compromiso coa seguridade e saúde laboral nunha nova xornada que alerta sobre os riscos da somnolencia ao volante
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá no Centro Issga de Lugo na apertura da xornada Desperta ao perigo: somnolencia e seguridade viaria
Rueda recibe as Chaves da Cidade de Porto e aposta por un futuro común con conexions reais e cooperación transfronteiriza
Reclama ao Goberno central avances concretos para a alta velocidade entre Vigo e Porto, co obxectivo de que estea conexión sexa operativa, como moi tarde, en 2030