Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en marcha un ciclo formativo para achegar os usos e vantaxes da intelixencia artificial á cidadanía
As sesións, dirixidas especialmente ás persoas maiores, terán lugar ente outubro e novembro, en diferentes aulas da Rede CeMIT das catro provincias
A Xunta convoca un concurso e un programa escolar para concienciar ao alumnado sobre ciberseguridade
O Encontro CIBER.gal, que se celebra os días 2 e 3 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia, acolle a terceira edición do concurso Ciberseguridade no cole! dirixido a escolares de 5º e 6º de primaria, e 1º e 2º da ESO
Julián Cerviño defende o papel da Xunta na especialización de Galicia no desenvolvemento dunha intelixencia artificial humanista
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participou, está mañá, nunha mesa redonda sobre os “desafíos e oportunidades na transformación dixital”, con motivo do 50º aniversario da tecnolóxica Seresco na nosa Comunidade
Galicia pechou o primeiro semestre do ano como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas
O período medio de pago de Galicia foi de 11,49 días, dez días por debaixo da media autonómica, que foi de 21,73 días
A Xunta amplía a identificación electrónica co sistema clave, aberto á cidadanía da UE
As persoas usuarias da administración autonómica dixital poden optar para identificarse entre os sistemas Chave 365, DNI electrónico, certificado electrónico, Cl@ve pin ou Cl@ve permanente
A economía galega medrou un 1,5 % no segundo trimestre de 2023
O PIB galego creceu un 0,1 % en relación ao primeiro trimestre do ano
Emigración potencia a Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno cun servizo de atención fiscal básico
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a sede situada na capital galega onde destacou a aposta da Xunta polo retorno coa ampliación dos técnicos destinados a apoiar aos galegos do exterior nos eidos laboral, social, xurídico e tributario na súa volta a Galicia
A Xunta adxudicou xa o 70% dos fondos Next Generation orzamentados para 2023
A execución destes fondos no ano 2021 viuse afectada polo feito de que Galicia recibiu máis do 70% deses recursos nos últimos meses do ano
A EGAP convocou 735 actividades formativas entre xaneiro e xullo
O conselleiro de Facenda e Administración Pública presidiu hoxe o Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, onde se avaliaron as actividades levadas a cabo durante 2023 e a formación prevista para o segundo semestre