Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 36.926 novas da área temática Áreas temáticas:

25/07/2026 | 12:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Tui tres cursos de formación en oficios artesanais no marco do Festival Música no Claustro

Tras dez anos de colaboración continuada con este evento de referencia, a Xunta cambia o formato de ‘Resonancias’ para converterse nun lugar de espazo de práctica dos oficios artesanais vinculados á construción de instrumentos musicais

25/07/2026 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas de empresas para construír 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol

Construirase un inmoble formado por dous bloques continuos diferenciados en altura, un en “U”, que constará de 40 vivendas e outro lineal, que disporá de 18

25/07/2026 | 10:48 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta instala 27 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos puntos dos ríos Fontecova, Trasposta e Pé de Boi, en Viveiro

O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento

25/07/2026 | 10:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia con 350.000€ o desenvolvemento de accións de promoción da lingua en 79 concellos

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da concesión destas axudas convocadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

25/07/2026 | 10:30 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lembra que o próximo luns remata o prazo para solicitar as axudas do IRPF destinadas a financiar programas e investimentos sociais

O orzamento inicial é de 35,5 M€ e prevese que se poida ampliar ata os 42 M€, un 20% máis que o pasado ano

24/07/2026 | 19:38 | C. do Mar

A Xunta salienta a ciencia e a innovación como motores de futuro na presentación da nova edición do ForoAcui no Grove

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse cos organizadores do XXVIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas, que se celebrará a comezos de outubro

24/07/2026 | 18:51 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a aposta das mulleres emprendedoras por xerar emprego nas zonas rurais

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural clausurou hoxe o Programa de Aceleración de Mulleres Emprendedoras do Medio Rural

24/07/2026 | 18:25 | C. do Medio Rural

Medio Rural reafirma o seu compromiso coa remuda xeracional na VIII Escola de Futuros Gandeiros de Lalín

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, asistiu á demostración de Preparación e Presentación de animais celebrada no marco desta iniciativa