Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.122 novas da área temática Infraestruturas:

30/09/2026 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da senda de preto de 2,4 km na PO-841 ao paso polo concello da Estrada, que conta cun investimento de 1,1M€

Habilítase un itinerario peonil e ciclista nesta estrada autonómica, no treito entre o núcleo da Estrada e o polígono industrial de Toedo, nunha actuación cofinanciada con fondos europeos FEDER

29/09/2026 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta finaliza a instalación da nova glorieta na estrada AC-862 coa AC-115, no municipio de Neda

A delegada de Ferrol, Martina Aneiros, supervisou esta mañá os traballos executados na zona e que supuxeron un investimento da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de máis de 405.000 euros

29/09/2026 | 12:06 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia con 17.200 euros a mellora da senda entre Vilachá e o miradoiro de Punta da Mansa, en Xove

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, comprobou o resultado da actuación, financiada con cargo á orde de axudas para impulsar zonas verdes e crear espazos de refuxio climático

28/09/2026 | 19:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta propón ao concello de Pontevedra que reconfigure o acordo para investir 3M€ na cidade e inclúa Pasarón

Ante a petición de colaboración do Concello para apoiar a reforma do estadio de fútbol de Pasarón, o Goberno galego ofrece a posibilidade de reconfigurar o acordo polo que 2M€ estaban previstos para a posta en marcha do novo pavillón municipal de Monte Porreiro, e un millón para actuacións de saneamento

27/09/2026 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue pon en valor a colaboración entre Xunta e Concello de Folgoso do Courel para crear un novo vial de acceso ao fondo da vila, a rúa Sandra Rodrigo

Este proxecto acometeuse ao abeiro do Plan Hurbe da Xunta e supuxo un investimento de case 300.000€, financiado polo Goberno galego nun 70% e polo Concello nun 30%

27/09/2026 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para executar as obras de 58 novas vivendas públicas no Bertón, en Ferrol, licitadas por investimento de preto de 10,3 M€

Trátase dun novo edificio que constará de vivendas de 1, 2 e 3 dormitorios e serán fogares accesibles, luminosos e eficientes enerxéticamente

26/09/2026 | 14:09 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta licita por 1,2 M€ a rehabilitación integral do Colexio Camiño de Santiago, no Pino

Tal e como comprometera o conselleiro no verán, renovarase por completo a envolvente dos edificios, acadando un aforro enerxético e de emisións dun 30%

26/09/2026 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 4,8 M€ a senda peonil e ciclista ao longo de máis de 14km da estrada PO-325 entre Vigo e Nigrán

A Administración autonómica habilitará este itinerario ao longo da estrada PO-325, desde a contorna de Navia ata a entrada no núcleo urbano de Nigrán

26/09/2026 | 10:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 205.000 euros as obras de acondicionamento da canella Jorge Ferreiro e da praza da Eiriña, no concello de Xunqueira de Ambía

As actuacións que se acometerán buscan rexenerar e poñer en valor estes viarios, situados na contorna da Colexiata de Santa María a Real e no ámbito de protección do Camiño de Santiago

26/09/2026 | 10:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará esta vindeira semana as obras de conservación e reforzo de firme nas autoestradas do Val Miñor (AG-57) e da Coruña-Carballo (AG-55)

Comeza a campaña de mellora de firmes que se realiza de xeito sistemático nesta dúas autoestradas, co obxectivo de garantir a calidade e a seguridade dos pavimentos