Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.118 novas da área temática Turismo:

27/08/2026 | 15:08 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta pon en valor a Eferro foliada como unha experiencia que une cultura, tradición e lingua para atraer visitantes ao rural galego

Celebrarase o 12 de setembro en Merza, cunha programación que combina música, tradición, artesanía, gastronomía e creación contemporánea 

26/08/2026 | 13:20 | Axencia de Turismo de Galicia

O DOG oficializa a declaración de tres novas festas de interese turístico de Galicia

A Romaría de Santa Minia en Brión, a Festa da Ameixa de Campelo en Poio e a Noite Meiga de Sarria únense ao catálogo de celebracións distinguidas da comunidade

26/08/2026 | 12:59 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta colabora coa ruta solidaria a favor de Raiolas que organizan a asociación de Amigos do Camiño e a Garda Civil

Alfonso Villares participou na presentación da terceira edición de ‘Xuntos e seguros, camiñamos’, que se celebrará o 20 de setembro polo Camiño Primitivo en Lugo

25/08/2026 | 15:40 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia apoia a declaración de interese internacional para a romaría da Virxe da Barca de Muxía

O informe destaca o valor cultural, patrimonial e xacobeo dunha celebración que reúne cada ano a miles de visitantes na Costa da Morte

25/08/2026 | 12:55 | Axencia de Turismo de Galicia

O programa ‘O teu Xacobeo’ espalla por toda Galicia 300 accións culturais, deportivas e sociais neste ano 2026

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria da iniciativa que financia 55 proxectos con 1M€

24/08/2026 | 14:59 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia e as Rutas dos Viños avanzan na definición do enoturismo como elemento senlleiro do destino Galicia

En 2025, 160.000 turistas visitaron Galicia por motivos enogastronómicos, xerando ao redor de 764.000 noites e un investimento que alcanzou os 93,7 millóns de euros

24/08/2026 | 13:46 | Axencia de Turismo de Galicia; C. do Mar

A Xunta colabora coa campaña ‘Peregrinos do Mar’ de Interfish para fomentar o consumo de peixe espada e quenlla no Camiño Francés

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou na presentación desta ruta gastronómica que percorre establecementos hostaleiros desde Estella (Navarra) ata Santiago de Compostela

21/08/2026 | 15:49 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a súa aposta polo Abanca Pantin Classic Galicia surf como escaparate internacional do destino nos eidos turístico e deportivo

O director de Turismo de Galicia, o secretario xeral do Deporte e a delegada territorial da Xunta en Ferrol participaron esta mañá na presentación da competición que reunirá do 22 ao 30 de agosto no areal de Valdoviño ao máis destacado do surf internacional

20/08/2026 | 21:04 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta publica o primeiro libro sobre ‘As Covas de Valdeorras’ que divulga o patrimonio e o enoturismo como valores da comarca

Xosé Merelles destacou o traballo de Carina Rodríguez e Cristina de la Torre á hora de afondar no valor arquitectónico e histórico das covas e ao reforzar o vínculo entre patrimonio e enogastronomía como recursos turísticos