Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e a Asociación de Produtoras Independentes poñen en marcha o programa ‘Educa Audiovisual’ para o alumnado galego de secundaria
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades conta con Agapi para a xestión desta iniciativa, que pon a disposición dos institutos un catálogo de 14 filmes e series para traballar na clase como complemento aos contidos curriculares
A Xunta apoia Fatum, a nova película de Vaca Films rodada na Coruña que chega mañá aos cines
Luis Tosar, Álex García e Elena Anaya protagonizan o debut do galego Juan Galiñanes na dirección de longas, que contou cunha subvencións de 250.000 €
Román Rodríguez subliña o gran dinamismo e calidade do cine feito en Galicia na preestrea de Honeymoon en Ourense
A Xunta subvencionou a produción desta longametraxe, protagonizada por Javier Gutiérrez e Nathalie Poza e rodada en numerosas localizacións galegas
Primeiras figuras do sector musical como Rodrigo Cuevas comparten a súa experiencia na aceleradora ‘Sonemerxente’ da Xunta e Fundación Paideia
Unha decena de novos artistas participan neste programa, que avanza na súa primeira fase de titorías grupais e personalizadas xunto a profesionais como os produtores Paco Loco e Javier Limón, a manager Eva Planas, a avogada Lucía Sánchez, Unai Fresnedo da axencia Taste The Floor ou Alberto Cantúa de Vive Suecia
Artistas nacionais e internacionais actuarán en maio no festival Fa Ce La Fest de Lugo co apoio da Xunta
O delegado territorial, Javier Arias, e os organizadores do certame presentaron o programa, que inclúe os concertos de La Bien Querida, Micah P. Hinson, Ron Gallo, Depresión Sonora, El Último Vecino, Neatbeats, The Shadracks, Na Noise e Fee Reega
A Xunta inviste 2,5 M€ na produción galega de películas, series e curtas a través da súa convocatoria anual de subvencións
Ábrese o prazo para a solicitude desta liña de apoio, a de maior contía das oito destinadas ao sector a través do programa anual de axudas e do Hub Audiovisual, cun orzamento conxunto de preto de 7,4 M€
O Centro Dramático Galego preséntase por vez primeira no Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida con ‘Shakespeare en Roma’
O director do centro teatral da Xunta, Fran Núñez, participou no anuncio da 69ª edición do prestixioso certame, que ofrecerá dúas funcións desta produción galega os días 18 e 19 de xullo
A Xunta salienta o Camiño de Santiago como parte fundamental da nosa cultura durante a presentación dun documental sobre o Camiño Francés
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do documental esta mañá no Museo das Peregrinacións
O audiovisual galego desembarca no Festival de Málaga con catro longametraxes e unha curta producidas co apoio da Xunta
Os filmes ‘Sica’ e ‘Matria’ competirán na sección oficial a concurso; ‘Honeymoon’ e ‘Amigos hasta la muerte’ terán a súa estrea no apartado Málaga Premiere, e ‘Ulises’ preséntase na selección de curtas de ficción