Actualidade
Buscador de novas
As descargas de bocarte nos peiraos de Porto do Son alcanzan o 70% das 488 toneladas que foron comercializadas nas lonxas galegas este ano
O conselleiro do Mar informou que esta mañá celebrouse un encontro coa frota do cerco para abordar unha posición común respecto ao borrador de Resolución da Secretaría Xeral de Pesca para xestionar esta pesqueira no Cantábrico
A Consellería do Mar investirá máis de 800.000 euros este ano na mellora de infraestruturas e servizos nos portos de Muros
O conselleiro do Mar presentou o proxecto de reconstrución dun tramo de peirao na dársena interior de Muros, que xa se atopa en licitación, e o da rampla de Esteiro, cuxa execución está prevista tamén neste exercicio
Portos de Galicia e o Concello de Laxe acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios
O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e no seu caso trasladarse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP
O avance do informe do CEDEX sobre as zonas de depósito dos áridos para a dragaxe do Lérez sinala como alternativa prioritaria o punto de Sálvora que o estado paralizou en 2021
A Xunta recibiu un avance do documento elaborado polo Centro de Estudios e Experimentación de Obras Públicas, organismo técnico de recoñecido prestixio dependente do Goberno Central no que valida os 3 puntos de vertido propostos por Portos de Galicia establecendo como preferente o E8 que se viña empregando
Villares traslada ao alcalde de Boiro que Portos investirá 133 mil euros na renovación da iluminación do porto de Cabo de Cruz
O conselleiro do Mar explicou que a instalación dunha nova rampla de varada que dará servizo o club de remo está pendente do preceptivo informe de Costas do Estado desde xullo do 2024
Portos de Galicia e o Concello de Vilagarcía de Arousa acordan a proposta para a reversión ao estado de terreos innecesarios no peirao de Vilaxoán
O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e no seu caso trasladarse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP
A Xunta de Galicia adxudica por 1,8 millóns de euros as obras de reforzo e adaptación ao cambio climático do dique de abrigo do porto de Burela
O conselleiro do Mar presentou os detalles da actuación que suporá o aporte de 160 bloques de formigón de 3 metros de lado e 56 toneladas de peso para afrontar rebases de onda pese ao incremento esperado no nivel do mar
Villares aborda as necesidades do sector pesqueiro da Mariña e traslada a colaboración do Goberno galego no deseño e execución de actuacións concretas
O conselleiro do Mar puxo en valor que nos vindeiros meses está prevista a reparación do porto de descarga do Vicedo así como as obras de mellora e acondicionamento dos departamentos para armadores do porto de San Cibrao
A Xunta acusa ao Goberno central de “irresponsabilidade” e de “botar balóns fóra” ao negarse a asumir integramente as compensacións ás persoas mariscadoras da ría do Burgo
O Goberno galego segue agardando a resposta á carta remitida o pasado 27 de xaneiro ao secretario de Estado de Medio Ambiente instando a corrixir as deficiencias da obra e ao abono das axudas ao sector marisqueiro afectado
Xunta e Interfish-España renovan o seu compromiso para impulsar a promoción e a comercialización da quenlla, o marraxo e o peixe espada
O acordo inclúe a realización dun informe sobre a situación do mercurio nos grandes migradores e a incidencia do selenio no seu consumo, o desenvolvemento de campañas promocionais ou a participación en Conxemar 2025