Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.456 novas da área temática Sanidade:

22/04/2026 | 14:58 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca o traballo da Xunta na mellora das infraestruturas e da asistencia sanitaria en Ourense, onde se agarda 40 días menos para unha cirurxía que na media de España

O conselleiro incide na cifra récord de 703,3 millóns de euros que a Xunta destina á sanidade pública en 2026 na provincia de Ourense

22/04/2026 | 10:10 | C. de Sanidade
22/04/2026 | 09:26 | C. de Sanidade; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Con motivo da conmemoración do Día do Libro, as persoas que doen recibirán como agasallo un exemplar e un punto de lectura

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue recoñece a colaboración dos doantes de sangue no sostemento do labor asistencial dos nosos hospitais

21/04/2026 | 13:46 | C. de Sanidade

Galicia consolida o seu liderado na prevención da obesidade como o único sistema sanitario público cunha estratexia de abordaxe integral

O Plan de Obesidade Zero da Xunta impulsa accións dirixidas a favorecer os estilos de vida saudables en todas as etapas da vida

21/04/2026 | 13:24 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca a horta do Álvaro Cunqueiro como un espazo terapéutico, educativo e solidario que amplía o servizo do hospital público á cidade de Vigo

O conselleiro subliña que se trata dun espazo coidadosamente deseñado para facilitar a participación activa de doentes, persoal hospitalario e usuarios externos, co obxectivo de xerar beneficios en saúde física, emocional e social

21/04/2026 | 11:50 | C. de Sanidade

A Xunta destina preto de 270.000 € a financiar programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais de drogodependencias

O Diario Oficial de Galicia publica a concesión de axudas á Asociación Érguete Prevención e Intervención en Condutas Adictivas e á Asociación Rexurdir Provincial

20/04/2026 | 19:44 | C. de Sanidade

Ortiz salienta o investimento da Xunta en investigación a través da nova fase do proxecto Xenoma Galicia que comezou na área sanitaria de Vigo

A delegada territorial da Xunta de Galicia visitou o Hospital Meixoeiro no que se iniciou este luns as extraccións de sangue

20/04/2026 | 15:18 | A Presidencia da Xunta; C. de Sanidade

Rueda anuncia a aprobación do decreto que estende o horario dos Puntos de Atención Continuada á mañá dos sábados para reforzar a continuidade asistencial na atención primaria

Explica que a apertura dos PAC os sábados pola mañá irá acompañada dun “incremento de 211 prazas ata 2028, das cales 100 serán de médicos, 80 de persoal de enfermaría e 31 de persoal de xestión e servizos”

20/04/2026 | 12:46 | C. de Sanidade

A Xunta licita por máis de 64.0000 € a compra de 3.800 probas rápidas de detección de VIH e hepatite C

A medida forma parte do Plan galego de infeccións de transmisión sexual 2026-2030