Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recoñece as traxectorias profesionais de Jesús Irisarri, Guadalupe Piñera e Roberto Medín nos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2025
Allegue agradeceu aos arquitectos o seu “talento e excelencia que contribúe ao desenvolvemento da nosa terra e a reforzar a marca Galicia Calidade”
Rueda destaca a aposta da Xunta por poñer máis vivendas no mercado e reclama o mesmo compromiso ao Goberno central para facilitar o acceso a un fogar
Lembra que a Administración autonómica ten o obxectivo de duplicar o parque público de vivenda, de 4.000 a 8.000, das cales 3.000 vivendas xa están en marcha
O Concello de Ordes incorpórase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de vivenda protexida no barrio do Piñeiro
O convenio co Concello coruñés é o sexto que se sela en Galicia, tras os rubricados cos concellos das Pontes de García Rodríguez, A Arnoia, Friol, Valdoviño e O Valadouro
O Concello do Valadouro súmase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de 44 vivendas protexidas
O departamento que dirixe María M. Allegue pon a disposición do Concello esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, a parcela municipal, situada na confluencia da rúa Rosalía de Castro e da avenida da Veiga
Allegue pide ao Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana xestionar as vivendas da Sareb para integralas no parque público residencial de Galicia
A conselleira criticou a “ocorrencia” do Goberno central de poñer en mans privadas a xestión das vivendas da Sareb, sacando a concurso o contrato por un importe millonario
A Xunta colabora co Concello de Cortegada na rehabilitación dun inmoble no casco histórico do municipio para destinalo a vivenda pública
O Goberno galego financia a recuperación integral dunha casa en estado de ruína situada na praza Buenos Aires nº 2, cun préstamo de preto de 70.000 euros do Fondo de Cooperación, a través desta liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes
Xunta e Concello de Arteixo selan a cesión de solo para construír 14 vivendas públicas no municipio, cuxas obras suporán un investimento autonómico de 2,7 M€
A conselleira subliña que as novas vivendas na rúa Aguceira en Vilarrodís sumaranse ás preto de 3.000 en marcha en Galicia, favorecendo o incremento da oferta de fogares accesibles, o que ademais vai a repercutir no prezo de alugueiro
Allegue pon en valor as vivendas públicas da Xunta, que cumpren os requisitos de máxima eficiencia enerxética
A conselleira subliñou que o Goberno galego ten en marcha a construción de 400 vivendas públicas utilizando este mecanismo que evita varios dos procesos construtivos
A Xunta colabora co Concello do Valadouro na humanización da praza de Santa María en Ferreira, que suporá un investimento de 220.000€
A través desta actuación, mellorarase parte desta praza, con intervencións para facilitar a circulación peonil, ademais da disposición de beirarrúas, instalación de mobiliario urbano e a limpeza do cruceiro, entre outras