Actualidade
Buscador de novas
A Xunta amplía en 350.000 euros a orde de axudas para incentivar a adquisición de taxis adaptados de emisións cero ou ECO
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación, que se suma aos 500.000 euros da orde do pasado novembro cuxo crédito xa se esgotou
A Xunta confirma o apoio ás persoas con discapacidade e en risco de exclusión na empresa ordinaria con axudas á contratación de preparadores laborais
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas achegas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración ás que se destinan 450.000 euros
A Rede CeMIT incorpora novo material para facilitar a capacitación dixital das persoas con diversidade funcional
A Rede engade unha serie de dispositivos como ratos tipo panca, pantallas táctiles ou teclados braille, que poden ser solicitados polas aulas que os precisen
A Xunta remarca o traballo dos centros especiais de emprego de Galicia na inclusión das persoas con discapacidade no mercado laboral ordinario
Neste novo encontro no marco do proceso de diálogo aberto con diferentes axentes, José González destacou os 131 centros especiais de emprego (CEE) activos en Galicia
O delegado territorial da Xunta en Ourense recibe ao presidente fundador de Autismo Ourense
Manuel Pardo agradeceu ao presidente fundador da entidade, Virgilio Montes, o seu labor diario, que ten como obxectivo axudar a xerar recursos para conseguir aprendizaxes funcionais que faciliten a independencia e a autonomía dos menores na súa contorna familiar, mellorando a calidade de vida do neno e de toda a familia
O delegado territorial en Ourense amosa a ADIDO a colaboración da Xunta na integración das persoas con discapacidade intelectual
Manuel Pardo, que está a manter unha rolda de contactos cos distintos axentes económicos e sociais da provincia, aproveitou a xuntanza para agradecer o labor que a entidade está a levar a cabo en Ourense