Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre hoxe o prazo para inscribirse nos primeiros exames Celga en liña
Galicia será a primeira comunidade con lingua cooficial en poñelos en marcha de xeito telemático
A Xunta pon en valor a aposta do ‘V Premio Cámara de Comercio-ENCE á innovación forestal’ por consolidar o emprendemento ligado ao territorio
José González gabou esta iniciativa que permite visibilizar proxectos empresariais innovadores nun sector estratéxico como é o forestal, ao tempo que contribúe a impulsar o emprendemento neste eido co foco posto nas achegas das novas xeracións
A Xunta insiste ao Goberno na necesidade de flexibilizar a xestión dos fondos de formación para adaptala ás necesidades reais do tecido empresarial
Esta solicitude enmárcase na forte aposta de Galicia a prol dunha formación flexible e á carta das empresas, na que destacan accións como a colaboración con clústeres e entidades para cualificar persoas en sectores estratéxicos
Belén do Campo clausura o obradoiro de emprego de Rois nos que se formaron a 13 mozas e mozos sen emprego en tratamento e maquetación de elementos gráficos de impresión cun investimento de máis de 420.000€
Belén do Campo sinalou que estas iniciativas financiadas polo Goberno galego tamén reforzan a colaboración coas entidades locais e permiten que as persoas que participan nelas obteñan un certificado de profesionalidade
A Xunta presenta a guía de boas prácticas ‘Prevención das enfermidades da voz no ámbito laboral’ dirixida a persoas teleoperadoras, locuturas ou docentes
A xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, participou hoxe na Coruña na presentación desta guía e dos materiais divulgativos asociados onde se recollen medidas preventivas, consellos e exercicios
A delegada da Xunta clausura o obradoiro de garantía xuvenil “O noso encontro co emprego”
Ana Ortiz acudiu ao peche do curso que tivo un investimento de 438.000 euros por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A delegada da Xunta salienta a oferta formativa e laboral do obradoiro MAIV 2025
Ana Ortiz clausurou este luns o curso adicado a Deseño Gráfico e Multimedia e Xestión e Dinamización de Empresas
A Xunta investiu 450.000 euros na formación de 16 mozos e mozas de Moraña, Valga e Portas en técnicas forestais e albanelaría a través do programa de emprego de garantía xuvenil
O alumnado combinou a formación teórica con traballo efectivo, realizando proxectos de mellora das infraestruturas municipais dos concellos organizadores
A Xunta investiu 280.000 euros na formación de 10 mozos e mozas de Lalín en xestión de almacén e aprovisionamento a través do programa de emprego de garantía xuvenil
O alumnado combinou a formación teórica con traballo efectivo, realizando proxectos de mellora das infraestruturas municipais dos concellos organizadores
A Consellería do Mar colabora co Porto de Vigo e a Fundación Marinnleg na formación de inspectores contra a pesca ilegal
A responsable deste departamento inaugurou a quinta edición do curso de fortalecemento de capacidades para a aplicación do Amerp