Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 547 novas da área temática Dixital:

08/10/2024 | 13:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta celebra o Día da Ciencia en Galicia e traballa para impulsar o sector no panorama internacional

O acto, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias, está dedicado este ano ao Matemático Rodríguez, coincidindo co bicentenario do seu falecemento

07/10/2024 | 15:06 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Rueda anuncia que a Xunta construirá no polígono da Sionlla o novo edificio do Centro de Supercomputación de Galicia para impulsar o seu liderado internacional

Salienta que a obra, dotada de 56 M€, será “o maior investimento na historia do Cesga” e se prevé que estea rematada “a mediados do 2026”

03/10/2024 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A FP galega incorpora a primeira ferramenta de intelixencia artificial para que os alumnos poidan recrear na aula situacións reais en inglés

A través dunha interface en 3D, o alumnado poderá interactuar con avatares en distintos escenarios deseñados polo profesorado que simulan patróns do día a día

26/09/2024 | 11:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon a disposición do profesorado Ágora Dixital, unha nova plataforma con 120 recursos dixitais especialmente enfocados a materias STEM

Divídese en seis apartados con obxectivos diferentes, desde micro-experiencias de aprendizaxe ata entrevistas con recoñecidos expertos en tendencias emerxentes

23/09/2024 | 10:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca nun obradoiro do polo de emprendemento de Coristanco as posibilidades das novas tecnoloxías no ámbito rural

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou na apertura da xornada, onde puxo de relevo que o Polo coristanqués leva atendido máis de 200 proxectos, un 56% deles impulsados por mulleres  

20/09/2024 | 12:54 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta convoca a IV edición do concurso ‘Ciberseguridade no Cole!’ e obradoiros para concienciar a escolares sobre o uso seguro das redes

Alumnado de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO deberán demostrar no concurso os seus coñecementos sobre seguridade no uso das tecnoloxías da información

17/09/2024 | 12:40 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta impulsa o uso da administración dixital para ofrecer uns servizos públicos máis transparentes, eficientes e accesibles

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enseñaría en Informática de Galicia, inaugurou a XIV edición do Curso superior de Administración electrónica, cunha duración de 111 horas lectivas

13/09/2024 | 13:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos destaca a aposta da Xunta polas novas tecnoloxías e por situar a Galicia na vangarda europea neste ámbito

O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou esta mañá o II Congreso Internacional de Blockchain de Galicia

12/09/2024 | 12:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os centros de FP de Ferrolterra contarán este curso con cinco novas aulas de tecnoloxía aplicada cun investimento de 275.000 €

Estas novas incorporacións súmanse aos dous espazos que xa viñan funcionando no CIFP Rodolfo Ucha e no CIFP Leixa

06/09/2024 | 16:52 | C. de Facenda e Administración Pública

O GaiásTech consolídase como centro de referencia das tecnoloxías innovadoras e escaparate para empresas TIC

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visita hoxe as instalacións, que promoven a creación dun vínculo entre a tecnoloxía e as persoas