Actualidade
Buscador de novas
Medio Rural colabora con oito GDRs galegos no impulso do proxecto comedores responsables KM0
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural participou hoxe na presentación desta iniciativa que busca fortalecer a produción alimentaria do territorio, potenciando o consumo de base local en comedores de colectividades
A Xunta destaca o compromiso de Atave coa formación como ferramenta clave para a retención de talento e a remuda xeracional das empresas do sector
José González destacou a colaboración con esta entidade na execución de accións formativas para persoas desempregadas (AFD), subliñando que a asociación empresarial é tamén centro formativo acreditado
A Xunta pon de relevo a aposta da 12ª ‘Pont-Up Store’ polo emprendemento innovador ligado ao territorio
José González destacou as 40 iniciativas que participan nesta edición da feira para presentar as súas ideas de negocio, que botan man da Intelixencia Artificial, da innovación aplicada a sectores como o agroalimentario ou da artesanía
Allegue cifra en 60 M€ o investimento da Xunta en materia de vivenda en Pontevedra, onde xa están en execución 300 novos fogares
A conselleira destaca as actuacións de Valdecorvos como exemplo da acción da Xunta en materia de vivenda, onde o Goberno galego está a impulsar 235 fogares
Belén do Campo destaca que o Plan Camiña Rural supuxo un investimento de 156.000 € na mellora de infraestruturas rurais en Aranga
A delegada da Xunta avaliou co alcalde as achegas da Xunta que lle permitiron mellorar un camiños de acceso a parcelas agrícolas, da anualidade 24-25 con máis de 77.700 euros, e supervisaron a zona na que se executará a nova intervención cunha axuda de máis de 78.000 euros que reciben para as anualidades 25-26
A Xunta destina 8,5 M€ a case unha vintena de infraestruturas de carácter estratéxico das axudas do fondo adicional do Fondo de Cooperación Local
Ao abeiro desta medida, o Goberno galego financia actuacións en infraestruturas locais que trascenden o ámbito municipal e son fundamentais para a mellora dos servizos que prestan as entidades locais
A Xunta acudirá á vía xudicial se o Goberno Central non achega o expediente aberto pola Comisión Europea sobre a AP-9
Allegue anunciou que a Xunta se dirixirá tamén aos gobernos autonómicos de Asturias e Castela León para estudar a posibilidade de coordinar accións conxuntas para reclamar a liberalización das peaxes