Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.745 novas da área temática Emprego:

31/03/2026 | 15:06 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta en Pontevedra o seu apoio á continuidade do comercio e da artesanía con programas de relevo xeracional como o Bono Remuda

José González puxo en valor a traxectoria histórica de Ferretería Gallega e o seu modelo de atención personalizada, subliñando a asesoría e apoio económico que o Goberno galego ofrece a negocios deste perfil cando afrontan procesos de remuda

28/03/2026 | 10:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amosa en Cerceda os oficios artesanais da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas

Os artesáns Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín achegáronse esta semana ata o CPI Plurilingüe O Cruce, onde fixeron demostracións en vivo dos seus oficios, no marco do proxecto Artesanía na Escola

28/03/2026 | 09:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta amplía ata este mércores 1 de abril o prazo para adherirse ao programa ‘Medrando Xuntas’ co fin de foltalecer o papel das mulleres na economía social

A iniciativa inclúe formacións, encontros e accións de visibilización dirixidas a mulleres traballadoras, socias e directivas, incidindo en habilidades clave como a comunicación, a organización, o liderado, a toma de decisións ou a mellora da confianza profesional

27/03/2026 | 12:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destinou máis de 240.000€ para a consolidación e impulso de 13 entidades da economía social na provincia de Ourense

Manuel Pardo explicou que esta orde de achegas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración conta cun orzamento de 2,73 millóns de euros e busca reforzar a presenza das empresas de economía social no tecido económico da provincia

27/03/2026 | 12:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aborda vías de cooperación en América Latina para desenvolver o modelo galego de atracción de talento conectado coa demanda das empresas

José González reuniuse co embaixador de España en Ecuador e con representantes gubernamentais de Ecuador, Colombia e República Dominicana para explorar novas oportunidades de colaboración en materia de mobilidade laboral

27/03/2026 | 10:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta convoca o programa Talento Mozo con novos compromisos de inserción e prioridade nos apoios á contratación para facilitar a entrada nas empresas

O DOG publica hoxe os novos programas de emprego e formación para persoas do Sistema nacional de garantía xuvenil (6,6 M€), que priorizarán os sectores laborais con máis demanda para reforzar a conexión co tecido produtivo