Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.218 novas da área temática Igualdade:

27/06/2025 | 16:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa o proxecto global ‘Historias LGBTI da Galicia orgullosa’ para visibilizar as vidas diversas que non quedaron rexistradas pero existiron

Será un espazo dixital colaborativo aberto á cidadanía que parte dunha selección de imaxes históricas e actuais para calquera persoa poida achegar fotografías e historias que axuden a construír un relato máis diverso e real da nosa historia

27/06/2025 | 10:48 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca que Galicia inverteu a evolución demográfica dos últimos anos cun aumento da poboación

A comunidade galega superou as proxeccións establecidas polos organismos estatísticos oficiais superando a previsión marcada para 2025 en 120.000 habitantes máis

27/06/2025 | 09:50 | C. de Facenda e Administración Pública

Preto de 500 persoas optarán ás 19 prazas de emprego público para persoas con discapacidade intelectual

Un operativo formado por unhas 56 persoas encargarase de que o proceso selectivo se desenvolva de xeito correcto e con total seguridade

26/06/2025 | 18:15 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa a formación para recoñecer e previr a violencia de xénero nos espazos de traballo a través do campus de igualdade laboral

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta tarde en Pontevedra na apertura do taller formativo A prevención e recoñecemento da violencia de xénero na contorna do traballo

25/06/2025 | 15:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avanza que a Lei de violencia dixital galega contará con recursos e medidas específicas paras as vítimas de violencia de xénero

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero lembrou que a redacción desta norma, pioneira en España, recollerá apartados específicos en materia de xénero

25/06/2025 | 15:47 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta comprométese a seguir impulsando iniciativas e medidas que visibilicen a comunidade LGBTI

Fabiola García lembrou que os CIMS ofrecen asesoramento ás persoas LGBTI e que agora se ampliará con catro recursos móbiles que estarán nos concellos rurais e nos campus universitarios

25/06/2025 | 12:53 | C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo participa no acto organizado pola ONCE con motivo do Día Internacional das Persoas con Sordocegueira

A delegada da Xunta destacou que segundo os datos da propia ONCE esta realidade afecta a 15 de cada 100.000 habitantes. En España, estímase que hai arredor de 9.000 persoas con sordocegueira, das cales máis de 3.500 están afiliadas á ONCE

24/06/2025 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García comprométese co alcalde de Palas de Rei a seguir reforzando os recursos de atención aos maiores

Nesta xuntanza, sinalou que o Executivo galego financia case medio cento de prazas públicas de atención a maiores e destina 390.000€ para o Bono Coidado no Fogar