Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 666 novas da área temática Portos:

18/05/2025 | 15:14 | C. do Mar

Villares recoñece o protagonismo histórico das mulleres no impulso do liderado de Galicia no ámbito pesqueiro e da acuicultura a nivel internacional

O titular de Mar puxo en valor que a comunidade está á cabeza a nivel español en presenza feminina na cadea mar industria, especialmente no ámbito da industria transformadora de produtos e na acuicultura

17/05/2025 | 10:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. do Mar

A Xunta e a Universidade da Coruña colaboran no desenvolvemento do proxecto ‘Biorock’ para o estudo da mellora do crecemento do mexillón

O conselleiro do Mar subliñou que o obxectivo é poñer en marcha novos métodos para aumentar a fixación larvaria do mexillón, potenciar o seu crecemento, a reprodución e a súa supervivencia

15/05/2025 | 18:26 | C. do Mar

A Xunta contribúe á rexeneración da Ría de Cedeira coa semente de 3.000 unidades de ourizo de mar

O proxecto ten por finalidade recuperar a biodiversidade e os ecosistemas naturais, aumentar a densidade e o stock desta especie, ademais da repoboación e conservación dos bancos ouriceiros, co fin de mellorar a xestión da explotación deste recurso

14/05/2025 | 15:22 | C. do Mar

Villares pon en valor a Estratexia Galicia Dixital 2030 como folla de ruta para optimizar a trazabilidade e a comercialización dos produtos marítimo-pesqueiros

Neste compromiso co impulso da competitividade da cadea mar-industria, o Goberno galego completará este ano a 2ª fase do programa Lonxas 4.0, que conta cun investimento de 10M€

14/05/2025 | 15:20 | C. do Mar

A Xunta de Galicia inviste 78.000 euros na renovación das luminarias do porto de Cangas con tecnoloxía led de alta prestación e software de telecontrol

As obras están en execución e permitirán modernizar o alumeado exterior do porto cun aforro enerxético estimado do 60%

14/05/2025 | 15:10 | C. do Mar

A Xunta inviste 100.000 euros na renovación dos pavimentos esgotados nos portos de Campelo e Combarro, no municipio de Poio

As obras que se executan nesta semana permitirán dotar de novos firmes as explanadas e viarios de ambas dársenas e repintar a sinalización horizontal

14/05/2025 | 13:26 | C. do Mar

Villares destaca a aposta da Xunta polo turismo náutico como elemento estratéxico para o desenvolvemento socioeconómico dos territorios costeiros

Co obxectivos de impulsar os portos deportivos, o seu departamento consignou por primeira vez este ano nos Orzamentos unha partida de 1,2 millóns de euros

13/05/2025 | 20:50 | C. do Mar

Villares felicita a Burela Quality por apostar pola innovación e a pesca sostible como base do seu crecemento empresarial

Baixo ‘LaMarca Seafood’, a entidade mariñá introdúcese na xeración de marisco crioxenizado e tratado coa técnica Ikejime

13/05/2025 | 17:46 | C. do Mar

A Xunta de Galicia ratifica o seu compromiso co pulo á nautica recreativa na Costa da Morte

­O presidente de Portos de Galicia respondeu a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo na que clarexou que a regularización dos fondeos do interior da ría de Corme e Laxe corresponde a Costas do Estado