Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 447 novas da área temática Emigración:

10/10/2023 | 14:20 | Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta achega o cine galego de maior éxito aos centros galegos do mundo, dende a Patagonia ata as rúas de Londres

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou o ciclo Galicia é Cine que se pon en marcha da man da Fundación Araguaney e que permitirá que galegos residentes en Arxentina, Reino Unido e Venezuela, poidan coñecer as películas feitas en Galicia máis taquilleras dos últimos anos

09/10/2023 | 15:03 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda dá a benvida á súa terra aos galegos maiores do exterior que hoxe chegaron aos aeroportos galegos para participar no programa da Xunta “Reencontros con Galicia”

Este programa, que se desenvolve en colaboración coa Consellería de Política Social levarase a cabo do 9 ao 19 de outubro

06/10/2023 | 15:24 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda explica no Welcoming Spaces Forum os efectos positivos do retorno nos eidos económico e demográfico do rural galego

O secretario xeral da Emigración participou unha mesa redonda durante a xornada organizada no Consello da Cultura Galega pola Universidade da Coruña co obxectivo de analizar as políticas das diferentes administracións para a revitalización de zonas rurais pouco poboadas da Unión Europea

03/10/2023 | 16:01 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda traslada o apoio da Xunta aos retornados a través de novas accións acordadas nunha reunión con Fevega en Ourense

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recolleu as principais problemáticas ás que se enfronta esta colectividade como poden ser é a vivenda ou a homologación de títulos

02/10/2023 | 15:13 | A Presidencia da Xunta

Emigración e Fundación Ronsel analizan novas accións para implementar a labor de orientación laboral dos galegos retornados, tanto por conta allea como no autoemprego

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo hoxe co re-presentante da Fundación, Luis García Deber, e outros directivos, unha reunión na que se avaliou o realizado no presente ano tanto no programa de apoio para em-prendedores retornados Merlo como na formación laboral de alumnos Beme

28/09/2023 | 15:46 | A Presidencia da Xunta

A Xunta implica ás empresas na orientación laboral de alumnos BEME que apostan por quedarse en Galicia

O secretario xeral da Emigración inaugurou unha mesa redonda de empresas no que a Fundación Ronsel achegou a experiencia de empresas de vangarda en Galicia a unha trintena de galegos do exterior para achegarlles técnicas e ferramentas na súa andaina empresarial e laboral

26/09/2023 | 14:57 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda traslada aos empresarios a oportunidade que supón para a competitividade de Galicia o retorno de profesionais de alta cualificación a través da Estratexia Galicia Retorna

O secretario xeral da Emigración clausurou o Foro Retorno Emprego organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra en Vigo para coñecer, da man da Fundación Nortempo, o programa Retorna Cualifica Emprego da Xunta de Galicia