Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 579 novas da área temática Patrimonio:

14/02/2025 | 16:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta incluirá a antiga casa cuartel da garda civil de San Xurxo de Sacos no Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a incoación do procedemento para incorporar no inventario este inmoble do concello de Cerdedo-Cotobade

13/02/2025 | 13:13 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o compromiso da Xunta co novo rexurdimento do Pazo de Lourizán ao investir máis de 17 M€ na súa rehabilitación

Salienta que se trata dun espazo emblemático cun alto valor cultural, histórico e natural

11/02/2025 | 15:26 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta remata a actuación para mellorar a imaxe de elementos na contorna da Muralla de Lugo

Javier Arias comprobou o resultado dos traballos, que consistiron en substituír o peche de madeira que había xunto ao adarve e mailo valado de chapa que se instalaran durante as escavacións na Tinería por outros elementos máis acordes co espazo e con menor impacto visual

10/02/2025 | 15:54 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta crea unha nova web para divulgar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

O novo recurso, xa dispoñible, inclúe información sobre o traballo de técnicos, expertos, veciños e axentes sociais que participaron no proceso

04/02/2025 | 13:17 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos anuncia que a Xunta finalizará en abril as obras do Convento da Mercé de Sarria

Destaca que a actuación dotada con máis de 370.000€ forma parte do compromiso do Goberno galego coa “conservación e posta en valor da nosa riqueza patrimonial”

23/01/2025 | 19:32 | C. do Medio Rural

Medio Rural enxalza a Aula da Natureza de Begonte como espazo para poñer en valor o patrimonio cultural e etnográfico

A conselleira María José Gómez visitou estas instalacións, que se reformaron cun investimento de algo máis de 50.000 euros procedente da medida Leader

22/01/2025 | 18:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta remite a documentación definitiva da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

Así o anunciou esta tarde o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na presentación celebrada en Fitur, a Feira Internacional de Turismo en Madrid

17/01/2025 | 14:50 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Ana Ortiz visita as obras de restauración do Templo Votivo do Mar en Panxón

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo apuntou que os traballos estarán rematados no primeiro semestre de 2025

17/01/2025 | 11:16 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta afronta con “boas expectativas” a recta final da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial

A representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude salienta o cumprimento rigoroso de prazos para que a Unesco teña o expediente definitivo antes do 1 de febreiro