Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre a inscrición para a 25ª edición de TecEuropa
Organizado pola Fundación Galicia Europa, o curso celebrarase de maneira presencial en Bruxelas do 17 ao 19 de novembro
A Xunta e Fundamar poñen en marcha o programa ‘Dálle Mar ao teu Futuro’ para achegar as profesións do mar aos escolares
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou co presidente de Fundamar, Francisco Javier Touza, o convenio que permitirá desenvolver actividades de orientación vocacional dirixidas ao alumnado galego de 3º e 4º da ESO
A Xunta amplía a estratexia de colaboración pública-privada para a celebración do Xacobeo 2027 cun novo acordo coa firma de calzados Chiruca
O documento recolle unha parte de aportación económica, así como a dotación de roupa e calzado para as persoas voluntarias que participen na organización do próximo Ano Santo
Belén do Campo anima aos establementos turísticos a solicitar as axudas da Xunta de 9 M€ para a mellora da eficiencia enerxética dos seus establecementos
A delegada da Xunta informou que os establecementos interesados poden solicitar as axudas desta convocatoria ata o 7 de decembro deste ano agás que se esgote antes o crédito
A Xunta achega 265.000 euros a 12 concellos lucenses para adquirir equipamento destinado á prevención de incendios forestais
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explica que se financia a adquisición de vehículos, accesorios e maquinaria para realizar tarefas de roza e limpeza en bordos de estradas locais, contornas de núcleos de poboación e espazos naturais
A Xunta declara en situación de seca prolongada os sistemas do Ulla-Tambre e da Costa Norte ante a evolución á baixa dos indicadores e as predicións meteorolóxicas
Un total de 74 concellos están afectados por este escenario, que non implica por si mesmo restricións nos usos pero permite, cando proceda, adaptar o réxime de caudais ecolóxicos ás condicións actuais
O Plan estratéxico de saúde dixital e transformación intelixente do sistema público de saúde de Galicia 2027-2030 incorporará as capacidades tecnolóxicas emerxentes
Natalia Lobato salienta que as empresas galegas están a demostrar unha enorme capacidade para innovar, colaborar co sistema sanitario, transferir coñecemento e desenvolver solucións con impacto real
A Xunta somete a información pública o proxecto para mellorar a seguridade viaria na intersección das estradas LU-862 e LU-539 en Viveiro, que suporá un investimento de case 950.000 €
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o inicio deste trámite e dende mañá e durante 30 días hábiles poderanse presentar achegas ao proxecto
A Xunta pon en valor o Plan de Economía Social de Ribadavia para impulsar o desenvolvemento económico do municipio de xeito ligado ao territorio
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social participou hoxe na xornada de presentación do documento, que recolle a diagnose, as principais liñas estratéxicas e as actuacións prioritarias para fomentar este modelo económico no concello