Actualidade
Buscador de novas
A Xunta investirá 520.000 euros na rehabilitación integral do CEIP Carballal-Cabral
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou o centro escolar no que se realizarán obras de cambio de cuberta, ventás e illamento térmico en 2026
A Xunta instala 13 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación no río Mandeo, en Betanzos
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento
A Xunta adxudica por 3,6 M€ as obras para mellorar o sistema de abastecemento no Concello de Ares
A actuación ten como fin poñer á disposición da veciñanza auga potable de calidade, presións de subministración axeitadas e garantir en todo momento o servizo
A Xunta inaugura unha escultura en homenaxe ás vítimas de accidentes de tráfico na nova senda da PO-308 en Poio
No acto, no que tamén participou a asociación Stop Accidentes, descubriuse unha arpa en pedra do artista galego Hugo Santos, que busca transformar o Mirador da Pinela nun punto de referencia para honrar a todas vítimas
A Xunta avanza na urbanización do ámbito autonómico da ETEA, o PS-6, e urxe ao concello de Vigo e á Zona Franca a sinatura do convenio para desenvolver o PS-1
O Goberno galego comezou en primavera estas obras nunha área de máis de 20.000 m², entre as instalacións deportivas e a praza de Armas, e xa se acometeron as demolicións de edificios e pavimentos e movementos de terras para os novos viarios
A Xunta abre o prazo para a adquisición de parcelas na Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra-As Neves (Plisán)
O Goberno galego pon a disposición un total de 33 parcelas, con superficies que oscilan entre os 1.786 m2 da máis pequena ata os 8.743 m2 da máis grande, aínda que se poden agrupar parcelas ata acadar unha superficie máxima de 49.681 m2
A Xunta inicia as obras do segundo treito da autovía Santiago-A Estrada, entre Pontevea e O Rollo, que suporá un investimento de máis de 31M€
Allegue explicou que este tramo de 4km constará de dous viadutos, un sobre o río Ulla e outro sobre o Vea, ademais dun paso superior e 4 pasos inferiores
O delegado territorial supervisa o comezo das obras da rúa Emilia Pardo Bazán na cidade de Ourense
Manuel Pardo enmarcou estes traballos no proxecto para a mellora de 13 travesías urbanas de titularidade autonómica, nas que a Xunta vai investir máis de 2,8 millóns de euros
Belén do Campo destaca que a Xunta apoia con axudas a catro entidades veciñais da cidade de Santiago a través do plan específico de acción comunitaria con case 32.000€
As achegas van dirixidas a asociacións veciñais e de mulleres rurais, así como a comunidades de usuarios de augas e poden acadar a totalidade do investimento realizado