Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 775 novas da área temática Transporte:

10/03/2025 | 10:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta concede case 400 axudas para a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, de baixas emisións ou eléctricos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria de 2024, que facilitaron a compra de 328 de baixas emisións, 28 vehículos de emisións cero e 42 adaptados a mobilidade reducida

08/03/2025 | 14:26 | Axencia de Turismo de Galicia

A Ruta da Camelia en flor abre a tempada de Trens turísticos de Galicia 2025 con éxito de participación

O director de Turismo de Galicia inaugurou hoxe os itinerarios desta experiencia turística que permite coñecer diferentes pazos e xardíns con este recurso 

07/03/2025 | 13:14 | C. de Economía e Industria; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avoga polo impulso do Corredor Atlántico en Galicia con cifras e prazos concretos por ser clave para o desenvolvemento económico

Diego Calvo lembra ao Comisionado para o Corredor Atlántico que Galicia segue sen coñecer os investimentos e prazos das obras previstas nesta infraestrutura estratéxica

27/02/2025 | 14:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 1.000 escolares de 12 colexios da Mariña participarán nun programa piloto de educación viaria promovido pola Xunta

O delegado territorial, Javier Arias, explica que as actividades comezarán o 6 de marzo no CEIP Lois Tobío de Viveiro

26/02/2025 | 14:04 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda insta ao Goberno central “a poñerse a traballar” e acelerar a execución do Corredor Noroeste entre Galicia e Portugal

Asegura que é unha infraestrutura “fundamental” para vertebrar a Eurorrexión e permitir que ambas zonas manteñan “o seu potencial”

26/02/2025 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a aposta pola intermodalidade mediante a combinación de distintos medios de transporte

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, destacou que no caso do fomento do transporte intermodal en Vilagarcía, ademais dun intercambiador, é preciso contar cunha oferta suficiente de medios para combinalos  

25/02/2025 | 16:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
24/02/2025 | 16:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A ‘Liña Conecta’ con servizos directos entre as cidades da Coruña e Lugo rexistrou nun mes case 4.000 persoas usuarias

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na presentación dos catro autobuses de Arriva de máis de 55 prazas que levan a cabo 92 servizos á semana desde a súa posta en marcha o 1 de xaneiro

22/02/2025 | 11:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 151.000 euros o desenvolvemento de 32 cursos gratuítos de condución segura abertos a 640 motoristas

Este contrato asinarase na segunda quincena de marzo e o obxectivo da Xunta é poder iniciar a primeira quenda de cursos antes do verán

20/02/2025 | 15:00 | C. de Economía e Industria; C. do Mar; A Presidencia da Xunta; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Rueda defende ante a Comisión Europea un desenvolvemento enerxético, industrial e pesqueiro compatible coa protección do medio ambiente

Trasládalle a Ribera a “absoluta rigorosidade” coa que se tramitan os proxectos industriais na Comunidade