Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.099 novas da área temática Vivenda:

28/10/2025 | 11:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta amplía o orzamento deste ano para o Bono Emancípate en 250.000€ e aumenta a contía da convocatoria de 2026 ata chegar aos 3 M€

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, anuncia as novidades do programa coincidindo coa publicación no Diario Oficial de Galicia do incremento do crédito

23/10/2025 | 17:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Concello de Valdoviño súmase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de vivenda protexida

O convenio co Concello de Valdoviño é o cuarto que se asina en Galicia, tras os rubricados cos concellos das Pontes de García Rodríguez, A Arnoia e Friol 

23/10/2025 | 17:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
23/10/2025 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira M. Allegue destaca o éxito da liña de axudas da Xunta para a compra de vivenda en conxuntos históricos, que beneficiará este ano a máis de 80 persoas cun investimento de 800.000€

A Xunta impulsa varias liñas de axuda para favorecer a compra de vivenda nestas zonas, que no caso de menores de 36 pode chegar aos 12.800 euros, e son compatibles co Aval Mozo, que cobre o 20 % do importe da compra

22/10/2025 | 12:44 | C. de Facenda e Administración Pública; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que os Orzamentos de 2026 serán fundamentais para duplicar o parque público de vivenda galego nesta lexislatura

Incrementarase nun 20% a edificabilidade contemplada na Lei do solo nas promocións de vivenda protexida

21/10/2025 | 15:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda sitúa a Galicia á vangarda da construción de vivenda pública co emprego de técnicas industrializadas

O uso das técnicas industrializadas permite reducir tempos de execución, evitar atrasos, mellorar o uso de materiais como a madeira galega e facer fronte á escaseza de man de obra cualificada

21/10/2025 | 11:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

María Deza Martínez toma posesión como directora da Axencia Galega de Infraestruturas

Allegue deu a benvida á nova directora da AXI, María Deza, e destacou o seu traballo, compromiso e capacidade xerencial para afrontar a nova responsabilidade

20/10/2025 | 18:16 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destina máis de 50 M€ en actuacións clave nos concellos da comarca do Salnés e Ullán nuns orzamentos centrados na mellora da calidade das augas, a sanidade e a vivenda

O delegado territorial, Agustín Reguera, informa das contas para a comarca, que inclúen unha importante partida para o novo hospital de Vilagarcía, ademais de accións de saneamento e centros escolares.

19/10/2025 | 12:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo avanza que os orzamentos da Xunta para 2026 destinan preto de 14,8 millóns para o desenvolvemento de vivenda pública e protexida na cidade da Coruña

A delegada da Xunta lembrou que na urbe herculina a Xunta ten en marcha 210 fogares públicos, resultado da construción dos 104 pisos de Xuxán, de 99 vivendas máis previstas na cidade e da rehabilitación dos dous inmobles do programa Rexurbe.

18/10/2025 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue anuncia 28 M€ para vivenda en Pontevedra e adianta que a Xunta facilitará a construción de vivenda protexida en solos dotacionais en desuso

Allegue destacou que é a provincia de Pontevedra a que conta co orzamento máis alto da Xunta en materia para vivenda, con 149 M€, dos que 28 M€ terán como destino a cidade do Lérez