Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 729 novas da área temática i+D+i:

12/11/2024 | 14:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta asesora a máis de 100 entidades e investigadores para optar a fondos europeos de I+D+i en 2025

A Axencia Galega de Innovación celebra unha xornada para facilitar que profesionais da comunidade opten a estas convocatorias e facilitar colaboracións estratéxicas

08/11/2024 | 11:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor a capacidade de Galicia para converterse nun referente no campo da innovación

Reafirma o apoio da Xunta a todas as iniciativas que contribúan a crear emprego de calidade, a reter e atraer talento investigador e a modernizar a economía galega

07/11/2024 | 20:46 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño destaca os premios Zendal como mostra da alta calidade científica e do impacto social da investigación sanitaria na Península Ibérica

A corporación biofarmacéutica recoñeceu a traxectoria profesional da doutora Marisol Soengas polas súas achegas á investigación do cancro de pel

07/11/2024 | 18:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O orzamento da Axencia Galega de Innovación ascende a 120M€ para 2025

Entre as prioridades deste exercicio atópanse a atracción e retención de talento, a transferencia de coñecemento, o fortalecemento dos centros de investigación e o reforzo das infraestruturas científico-tecnolóxicas

02/11/2024 | 10:34 | C. de Facenda e Administración Pública

Gobernanza dixital, sostibilidade do investimento e talento centrarán as políticas de dixitalización das comunidades autónomas

A Xunta participou no primeiro Encontro de Equipos TIC autonómicos que se celebrou en Madrid no marco do Foro de Dixitalización das Comunidades Autónomas

01/11/2024 | 12:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez enxalza o talento e potencial das empresas e centros de investigación galegos que traballan co CERN, un dos corazóns da ciencia mundial

O conselleiro de Ciencia, xunto ao reitor da USC, visita en Xenebra a Organización Europea para a Investigación Nuclear, o maior laboratorio de física de partículas, á fronte dunha delegación de compañías e institucións científicas galegas

01/11/2024 | 10:54 | C. de Facenda e Administración Pública

A IV Edición de CIBER.gal esgota en menos de 15 días as 750 prazas presenciais para a xornada destinada á cidadanía

Os interesados en asistir a este bloque teñen dispoñibles prazas para o seguimento en streaming

29/10/2024 | 14:55 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor a importancia da colaboración pública á hora de desenvolver proxectos innovadores ligados ao sector forestal e agroalimentario

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, asistiu hoxe á xornada de divulgación sobre grupos operativos autonómicos organizada pola Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga)

29/10/2024 | 13:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a AIMEN con 3,2 M€ na construción dun novo edificio pioneiro en fabricación avanzada e sustentable

Acollerá dúas liñas piloto de investigación singulares centradas na fabricación de alta cadencia e en compoñentes de gran tamaño

28/10/2024 | 13:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convocará en 2025 como mínimo 1.600 prazas de profesorado malia a baixada do alumnado para seguir mellorando un dos mellores rateos de España

Román Rodríguez detalla uns orzamentos que superan por primeira vez os 3.000 M€ nas áreas de educación e ciencia apostando claramente polo futuro de Galicia, o que volve situar á nosa Comunidade como unhas das que máis inviste por alumno