Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 868 novas da área temática Industria:

20/03/2025 | 14:44 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia o incremento nun 28% da superficie do polígono industrial das Gándaras que acadará xa 1,6 millóns de m²

Explica que a Xunta saca hoxe a licitación o proxecto de urbanización de dúas novas fases de obras

20/03/2025 | 13:54 | C. de Economía e Industria

A Axencia Galega da Industria Forestal busca impulsar novos usos para a madeira de frondosas

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Ríos, clausurou hoxe a xornada técnica do proxecto Resonate, sobre valorización sustentable da madeira deste tipo de especies forestais

20/03/2025 | 12:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa a adopción da intelixencia artificial por parte da industria para mellorar a súa competitividade e eficiencia

Os socios do proxecto europeo AI_REDGIO reúnense en Galicia para traballar na transferencia da intelixencia artificial desde a I+D+i ao sector manufactureiro

19/03/2025 | 14:03 | C. de Economía e Industria

Lorenzana empraza a Alcoa e ao comité de empresa a manter un diálogo fluído nun ano que vai ser “crucial” para a compañía

Sinala que no último trimestre de 2025 sairá da súa condición de empresa en crise e poderá ter acceso, polo tanto, a axudas públicas e outras vías de financiamento

19/03/2025 | 13:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o papel de Viagalicia como aceleradora transversal capaz de transformar o talento galego en empresas de éxito

A directora do Igape, Covadonga Toca, inaugura o Startup Day da 8ª edición dunha aceleradora que ten impulsado ata o de agora 92 empresas das que preto do 70 % seguen activas, xerando arredor de 500 postos de traballo e máis 45 millóns de euros de facturación

18/03/2025 | 14:51 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que a ampliación do Polígono do Pereiro de Aguiar suporá un incremento do 38% da superficie do parque empresarial que superará os 833.000 m²

“Tratamos de facer as cousas con axilidade pero sempre con respecto aos trámites administrativos e medio ambientais”, explica

17/03/2025 | 15:26 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia a aprobación do Plan director da automoción 2025-2027, que contará cun sistema de control e análise continua do seu impacto no sector

Subliña que a nova folla de ruta “estará dotada de 230 millóns de euros ata 2027” para impulsar un sector “que está a vivir a súa propia revolución industrial”

17/03/2025 | 15:24 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; A Presidencia da Xunta

A Xunta impulsará unha norma de microcredenciais pioneira en España para potenciar a capacitación laboral aliñada coas necesidades do tecido produtivo

Destaca que ante o inmobilismo do Goberno central fronte ás recomendacións europeas neste ámbito, Galicia considera estratéxico blindar un modelo formativo áxil, flexible e non regrado que responda aos requirimentos das empresas