Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.672 novas da área temática Infraestruturas:

15/09/2025 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
15/09/2025 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 245.500€ as obras de acondicionamento da rúa Terra do Souto e da súa contorna en Rubiá

Estes proxectos desenvólvense ao abeiro do Plan Hurbe, un programa de apoio aos concellos para promover actuacións que contribúan a dinamizar as vilas galegas e a mellorar a calidade de vida da súa veciñanza

14/09/2025 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 532.250€ os traballos de humanización das rúas Forcarei e dos Mollaos, no concello do Pino

A través desta actuación acondicionaranse estas dúas rúas situadas no núcleo do Pedrouzo, mellorando os accesos e os servizos e dotacións municipais, nesta entorna de paso do Camiño de Santiago

14/09/2025 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata os traballos de limpeza na Ponte Vella de Ourense

Os traballos consistiron na retirada manual da vexetación nos paramentos e na limpeza das xuntas, co emprego de ferramentas e medios manuais

14/09/2025 | 11:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por preto de 158.000€ a mellora do viario que comunica co núcleo rural de Soutelo, en Manzaneda

As actuacións, ao abeiro do Plan Hurbe, consistirán na mellora do pavimento do camiño, das beirarrúas e da senda nunha estrada entre a parroquia de San Martiño e o núcleo de Manzaneda, ademais da da revisión das redes pluviais e a dotación de zonas verdes

13/09/2025 | 13:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta retoma o luns os traballos de renovación do firme na autoestrada do Val Miñor

Estas tarefas desenvolveranse do 15 ao 19 de setembro en horario diurno entre os puntos quilométricos 19+000 e 22+000 do tronco da autoestrada e no ramal de Nigrán

13/09/2025 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta coopera co concello de Castrelo de Miño no mantemento do camiño entre os núcleos rurais da Bouza e As Bouzas

Esta acordo suporá un investimento total de case 50.000 euros, asumindo a Xunta asume o 85% do orzamento e a, contratación e execución das obras; mentres que e o Concello aporta o 15% restante do investimento

13/09/2025 | 13:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta avanza na ampliación de centros educativos coa licitación do CEIP Ben-Cho-Shey no Pereiro de Aguiar

O conselleiro Román Rodríguez participa na presentación do proxecto, por case 2 M€, e subliña que o Goberno galego está a construír ou ampliar 52 centros

13/09/2025 | 10:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia na noite de mañá os traballos de renovación do firme na autoestrada A Coruña-Carballo

Esta intervención na autoestrada autonómica suporá un investimento de case 90.000€

13/09/2025 | 10:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reanuda o luns os traballos de mellora do firme na autovía AG-53, entre o enlace de Cea e a A-52, que farán necesarias afeccións ao tráfico

Estas tarefas completarán os traballos executados previamente, dispoñendo unha nova capa de rodaxe na calzada pendente e renovando tamén o firme nos ramais