Actualidade
Buscador de novas
A Xunta abre un prazo dun mes para recompilar achegas e suxestións ao plan de conservación do espazo natural de interese local Torre de Hércules
A contorna da Torre de Hércules foi declarada ENIL de xeito provisional a comezos do ano 2020 e a súa declaración definitiva quedou condicionada á elaboración e aprobación do correspondente plan por parte do Concello da Coruña
Galicia consolida a desestacionalización turística cun incremento de viaxeiros do 10,8% en novembro
Os datos feitos públicos hoxe polo INE destacan que o sector hoteleiro obtivo uns rendementos totais nominais de 22,7M€ o pasado mes
A Xunta organiza este sábado unha visita comentada ao túnel romano de Montefurado, en Quiroga
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de investir case 17.000 euros no acondicionamento do miradoiro desde o que se observa este ben
López Campos anuncia que as obras para solucionar os problemas de humidade na Catedral de Lugo comezarán nas vindeiras semanas
A Xunta acaba de adxudicar os traballos para reparar as humidades da cabeceira da catedral, que durarán seis meses
Arias reuniuse coa plataforma ‘Muro’ para informar da dotación orzamentaria da Xunta para o Museo da Romanización de Lugo
O delegado territorial confirma a asignación de medio millón de euros nos orzamentos da Xunta para o ano 2025 para impulsar o proxecto de musealización
O Consorcio Casco Vello de Vigo adquire un novo edificio no Berbés para avanzar na recuperación do barrio histórico
A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, anuncia a adquisición do inmoble situado en Ribeira do Berbés 25, co que xa son doce os inmobles comprados polo consorcio
Xosé Merelles enxalza a Festa da Palilleira de Camariñas como un atractivo que define o destino Galicia como auténtico e sostible
O turismo na Costa da Morte está a ter un bo comportamento cun incremento de viaxeiros este ano do 4,9%, no que destaca sobre todo o internacional que sobe o 16,4%
A Xunta convoca para este domingo unha visita guiada ao xacemento do Preguntoiro, en Pantón
Vén de rematar a cuarta campaña de escavacións, que permitiu descubrir novos enterramentos e consolidar as ruínas da antiga capela de San Xoán Degolado
A Xunta lanza o concurso #ParqueVibras para animar ao alumnado de secundaria a crear vídeos para redes sociais inspirados no patrimonio natural galego
Os interesados poden enviar as súas propostas para Instagram, TikTok e YouTube ata o vindeiro día 3 de marzo e os tres gañadores recibirán como premio unha excursión guiada para toda a súa clase a un destes espazos protexidos
Belén do Campo visita as actuacións de revaloración do castro de Montes Claros realizadas co apoio da Xunta
A delegada destacou que a última intervención supuxo un investimento de 10.300 euros que se uniu ao realizado polo concello da Laracha para poñer en valor este xacemento