Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.199 novas da área temática Sanidade:

20/01/2026 | 13:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A comisión de seguimento do acordo de Medicina aproba crear dous grupos de traballo en materia xurídica e económica

Os conselleiros de Educación e Sanidade e os reitores das tres universidades públicas galegas asinan o convenio, ratificado onte polo Consello da Xunta

19/01/2026 | 15:24 | C. de Sanidade

Supéranse os 32.600 participantes en Sincigal, o ensaio clínico que avalía a redución de hospitalizacións en adultos polo virus respiratorio sincitial

Colaboraron máis de 8.000 persoas da área sanitaria da Coruña e Cee; preto de 2.500 de Ferrol; máis de 4.200 de Santiago de Compostela e Barbanza; máis de 5.100 de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; máis de 5.100 en Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; máis de 3.200 de Vigo; e preto de 4.400 de Pontevedra e O Salnés

19/01/2026 | 15:07 | C. de Sanidade

O Plan de formación continua para o persoal do Servizo Galego de Saúde oferta 539 actividades en 2026

O plan, publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia, busca reforzar a capacitación e a actualización continua dos profesionais do sistema público de saúde

19/01/2026 | 11:20 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde publica o nomeamento de 267 médicos de familia de atención primaria como persoal estatutario fixo

O Diario Oficial de Galicia recolle a adxudicación de destino dos profesionais seleccionados por concurso-oposición

18/01/2026 | 11:47 | C. de Sanidade

A Xunta adxudica por 1,8 M€ a plataforma tecnolóxica de nova xeración para xestionar a crecente demanda de medicina xenómica no Servizo Galego de Saúde

En 2024 realizáronse 38.000 estudos xenéticos a pacientes da sanidade pública para o diagnóstico e seguimento de enfermidades raras e cancros hereditarios

16/01/2026 | 13:42 | C. de Sanidade

A Xunta pon en marcha un plan pioneiro para acabar coas infeccións de transmisión sexual como problema de saúde pública no horizonte de 2030

Gómez Caamaño destaca que, no marco do Plan, elaborarase un mapa de recursos que recolla todas as entidades sanitarias e comunitarias relacionadas coa atención da saúde sexual

15/01/2026 | 17:07 | C. de Sanidade
15/01/2026 | 16:37 | C. de Sanidade

A onda epidémica de gripe rexistra unha intensidade baixa e tendencia decrecente

Consolídase a tendencia á diminución da actividade gripal, se ben este descenso estase a producir lentamente

15/01/2026 | 14:01 | C. de Sanidade

A Xunta licita, por 12,8 M€, o mantemento das instalacións e os equipamentos do complexo hospitalario universitario de Santiago de Compostela

O contrato abrangue o Hospital Clínico Universitario de Santiago, o Hospital Gil Casares, o Centro de Protonterapia de Galicia, o Centro de Radiofármacos PET, o Hospital Médico Cirúrxico de Conxo e o Hospital Psiquiátrico de Conxo

15/01/2026 | 13:28 | C. de Sanidade

Galicia acada novas cifras récord con 429 transplantes e 143 doadores de órganos no ano 2025

Gómez Caamaño destaca que, grazas á xenerosidade dos galegos e á profesionalidade dos equipos dos hospitais, Galicia consegue realizar máis dun transplante diario