Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e nove concellos da área de Lugo acordan prorrogar o Plan de Transporte Metropolitano ata 2028 cun investimento autonómico de máis de 247.600€
O Goberno galego continuará financiando os descontos do 80% nos billetes interurbanos, ademais do 100% dos transbordos e as bonificación adicionais aos usuarios recorrentes e membros de familias numerosas con case 62.000 euros ao ano
A Xunta somete a información pública o proxecto para a mellora de 66 paradas de autobús nos concellos de Cabanas, Bergondo e Sada
Intervirase no ámbito das rutas de acceso polo leste á cidade da Coruña nun total de 9 estradas de titularidade autonómica, cun investimento de preto de máis de 2,2M€
A Xunta aborda cos concellos da área da Coruña a renovación do convenio para financiar descontos e bonificacións no transporte metropolitano
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo unha reunión con representantes dos concellos de Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada para avaliar a situación das liñas e servizos
A Xunta incorpora a partir do luns novas paradas en Santiago de Compostela nos servizos de autobús da ruta Vigo-A Coruña
As persoas usuarias disporán de paradas en San Caetano e San Lázaro, de luns a venres, en dous servizos con saídas ás 15,35 e 17,35 horas de Vigo E.I e chegadas á Coruña E.A ás 18,00 e 20,00 horas respectivamente
A Xunta defende unha fronte común para reivindicar o avance na liña de alta velocidade entre Galicia e Portugal
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes avogou no Parlamento pola necesidade de que institucións, entidades empresariais, autoridades portuarias e outros actores do tecido social e económico de ambos lados da fronteira se sumen a esta reclamación, como xa se fixo coa sinatura en xullo dun manifesto a favor desta conexión
A Xunta optimiza dous servizos de autobús entre Trazo e Santiago de Compostela para reforzar as frecuencias que empregan os estudantes de instituto
As melloras poranse en marcha o luns, 11 de novembro, co obxectivo de facilitar o acceso en transporte público ao alumnado das ensinanzas non obrigatorias
A Axencia Galega da Industria Forestal e a Universidade de Vigo desenvolven un proxecto que usa a madeira como illamento acústico nas estradas
O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Jacobo Aboal, inaugurou hoxe a xornada de presentación das pantallas acústicas deseñadas polo Laboratorio de Madeiras da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra
A Xunta activa o próximo luns unha liña de transporte interurbano entre o IES Maximino Romero de Lema de Zas e os concellos de Laxe, Cabana de Bergantiños e Ponteceso
A nova ruta, ademais de mellorar a oferta vixente, facilitará o traslado de estudantes do IES Maximino Romero de Lema de Zas que residen neste municipio e nos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe e Zas
A Xunta colabora na adquisición dun vehículo eco para a Policía Local de Santa Comba cunha achega de 23.500€
A directora xeral de Administración Local comprobou as prestacións do equipamento adquirido no marco das axudas do Fondo de Compensación Ambiental
A Xunta pon en valor o transporte compartido que presta máis de 860.000 servizos anuais a través de máis de 2.200 liñas
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, explicou os representantes do Goberno de Estremadura as vantaxes deste servizo compartido entre escolares e persoas usuarias para optimizar o uso das liñas de transporte en zonas de baixa demanda