Actualidade
Buscador de novas
A Xunta incorpora simuladores de entrevistas de traballo con intelixencia artificial ao proceso de orientación laboral do Servizo Público de Emprego
José González comprobou o funcionamento desta nova ferramenta, en fase piloto, que se integra no itinerario personalizado de inserción e permite ás persoas demandantes de emprego adestrar as súas competencias nunha contorna segura
Gómez Caamaño avanza a posta en servizo o luns do Hospital de Día Médico do Álvaro Cunqueiro para evitar ingresos e aliviar as urxencias cun investimento da Xunta de 1,2 M€
Sinala que o novo servizo permitirá ampliar entre un 20 e un 25 % a capacidade do hospital de día oncohematolóxico, ofrecendo unha alternativa á hospitalización convencional a outro tipo de pacientes complexos
Medio Rural fomenta as variedades autóctonas de oliveira para impulsar este cultivo en Galicia e mellorar a calidade do produto final
A conselleira do Medio Rural participou hoxe na inauguración da xornada técnica O cultivo da oliveira, que tivo lugar en Santiago de Compostela
A Xunta achega o seu servizo Quérote+ aos estudantes universitarios de Lugo
A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitou a mesa informativa coa que o Goberno amosa o labor deste recurso nas xornadas de benvida aos alumnos
Villaverde reúnese coa Confraría de Ferrol para avanzar na mellora da actividade pesqueira e marisqueira
A conselleira do Mar abordou co patrón maior da entidade, Gustavo Chacartegui, as principais necesidades e demandas dos profesionais da ría
A Xunta celebra o regreso a Ourense de 'Termatalia' co gallo de impulsar o sector termal como dinamizador do rural e xerador de emprego en Galicia
Tras a edición pasada en Colombia, José González salienta que a cita volva a Galicia como cada ano par co fin de situarse como referente para a formación especializada e o intercambio de experiencias entre profesionais do termalismo de máis de 20 países
A Xunta reafirma o seu compromiso coa protección das vítimas de trata a través de recursos e medidas específicas de protección
Roberto Barba explicou que se está executando xa o II Plan galego de trata, cun incremento do 30% na súa dotación económica con respecto ao anterior
A Xunta e o Concello de Malpica de Bergantiños destinan 1,25 M€ á construción dunha estación depuradora e dunha rede de saneamento no lugar de Beo
Ángeles Vázquez sinala que esta actuación permitirá, ademais de garantir un servizo de calidade a veciñanza, mellorar a xestión das augas residuais e a protección do medio natural, así como garantir un bo estado ecolóxico das augas