Actualidade
Buscador de novas
A Xunta destina preto de 130.000 € ao servizo de análise sanitaria de poboacións piscícolas dos ríos galegos
O contrato, que vén de ser licitado, permitirá realizar a toma de mostras para a vixilancia e control do estado sanitario dos seres que habitan as augas galegas nos vindeiros dous anos
A Xunta adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova estación depuradora para mellorar o servizo de saneamento no concello de Salvaterra de Miño
Ángeles Vázquez explica que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o primeiro trimestre deste ano co obxectivo de que estean rematadas a finais de 2025
A Xunta respalda ao Club de Remo da Pobra do Caramiñal e avalía as posibles vías de colaboración tras o incendio rexistrado nas súas instalacións
O conselleiro do Mar trasladou á entidade deportiva a proposta de colaboración con Portos de Galicia para a posta a disposición dunha nova nave a través dunha autorización administrativa de xeito inmediato
A Xunta realiza labores de conservación en dous regos de Ames e Negreira que suman algo máis de 2,2 km
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 5 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta apoia o concello de Cerdido na adquisición dun vehículo para servizos municipais
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes comprobou o funcionamento do pick-up financiado a través dun convenio co Goberno galego
A Xunta e o concello de Ribadavia avalían o proxecto para mellorar a rede de abastecemento e saneamento nas contornas da Groba, as Chabolas, o Seixo e Sanín
O orzamento necesario para levar a cabo esta actuación rolda os 810.000 euros, que será cofinanciado pola administración local e pola Xunta de Galicia así como por parte da Deputación de Ourense
A Comunidade de Usuarios de Augas de Santa Cruz de Lamas mellorou as súas instalacións grazas a unha axuda da Xunta de 12.000 euros
Máis de 90 entidades da área territorial de Pontevedra recibiron un total de máis de 1 millón de euros para mellora das súas instalacións e compra de material
A Xunta realiza labores de conservación en varios ríos no concello de Mondoñedo que suman 8,5 km
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante 10 semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e biomasa das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta adxudica por máis de 647.000 € as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento do Canedo, no concello de Ordes
As actuacións, cun prazo de execución de seis meses, supoñen substituír as traídas e pozos particulares existentes na actualidade por canalizacións comunitarias para dar un servizo adecuado á veciñanza do lugar cun horizonte temporal que vai ata 2045
A Xunta remata as obras para estender a rede de saneamento en varias parroquias de Coirós cun investimento de máis de 850.000 euros
As actuacións, cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, consistiron na execución de 16 novos treitos de colector que suman preto de cinco quilómetros e a construción de 135 pozos de formigón