Actualidad
Buscador de noticias
Villares reclama ao Goberno central maior implicación na promoción dos produtos pesqueiros para reforzar as campañas da Xunta e do sector
O responsable autonómico puxo en valor o traballo do Goberno galego na mellora da comercialización do peixe, marisco e conservas e situou estes produtos como esencias para acadar a necesaria soberanía alimentaria de Europa
Lorenzana subliña o compromiso da Xunta para que todos os galegos se beneficien dos recursos naturais de Galicia tendo acceso a enerxía máis barata
“Temos que conseguir trasladar aos galegos e galegas que o feito de ter un recurso natural próximo, o feito de ter un parque eólico próximo, non é un problema, é un beneficio para a veciñanza porque a electricidade vai ser máis barata”, remarca Lorenzana
A Xunta tramita unha nova dragaxe no porto de Foz e proxecta a remodelación das instalacións, cun investimento previsto de 3,5 M€
José Antonio Álvarez lembrou que a obra de recuperación de calado está pendente de informe do Ministerio de Transición Ecolóxica e que contempla varias actuacións nos vindeiros anos, que se sumarán aos 1,1 millóns investidos en anteriores dragaxes
A Xunta de Galicia adxudica as obras de melloras dos departamentos de armadores do porto de San Cibrao, en Cervo, cun investimento de 365.000 euros
O conselleiro do Mar visitou a dársena na que está previsto que poidan iniciarse os traballos de acondicionamento dos 10 locais para profesionais ao longo do vindeiro mes de outubro
Alfonso Villares destaca a mellora das expectativas da campaña de extracción e o liderado do sector mexilloneiro galego
O conselleiro sinalou a calidade e sabor do bivalvo e os esforzos da Xunta de Galicia xunto co sector para seguir avanzando na redución da dependencia da mexilla de rocha