Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.017 novas da área temática Turismo:

03/02/2026 | 15:02 | Axencia de Turismo de Galicia

O Pazo de Feiras acollerá en Semana Santa unha celebración infantil con máis de 30 atraccións inchables co apoio da Xunta

A iniciativa está organizada pola federación de asociacións veciñais Lugo Rural Importa para os días 31 de marzo e 1 de abril

02/02/2026 | 13:38 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia achégase aos 9 millóns de turistas en 2025 consolidando un incremento do 7% da rendibilidade do sector

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), rexistráronse 7,3 millóns de viaxeiros aloxados en establecementos galegos aos que se suman os que fixeron noites en vivendas de uso turístico

02/02/2026 | 13:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

Nadela celebra esta fin de semana a Feira do entroido, organizada pola asociación veciñal de San Xoán de Pena co apoio da Xunta

A Delegación Territorial acolleu a presentación da cita, que contará con postos de venda de produtos de artesanía e alimentación, animación musical, concurso de disfraces e un xantar popular a base de cocido

01/02/2026 | 12:02 | Axencia de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia avanza na súa estratexia de promoción internacional coa presenza en seis feiras do sector en febreiro

Trátase de eventos profesionais dirixidos a públicos xeralistas como a modalidades específicas, entre elas o cicloturismo, o turismo de natureza ou o ornitolóxico

30/01/2026 | 14:54 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles visita a actuación que se leva a cabo na Reitoral de Santa Comba de Bande para mellorar a oferta patrimonial da Baixa Limia

Turismo de Galicia e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude asinaron un convenio co concello de Bande para equipar o inmoble tras as obras realizadas en 2021

29/01/2026 | 11:34 | Axencia de Turismo de Galicia

O 50% dos directivos do Grupo Barceló Hotels & Resorts formáronse no Centro Superior de Hostalería de Galicia

O director de Turismo de Galicia mantivo un encontro cos responsables de Recursos Humanos da cadea hoteleira que sumou en 2024 case 300 hoteis en 30 países

26/01/2026 | 17:33 | Axencia de Turismo de Galicia

Os hoteis galegos pechan o ano 2025 con cifras récord de facturación ata superar os 451M€

Segundo os datos feitos públicos hoxe polo INE, a positiva evolución da actividade turística en Galicia, cada vez máis desestacionalizada e repartida polo territorio, repercutiu o ano pasado directamente nos resultados do sector turístico

26/01/2026 | 15:47 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda sinala o avance da Xunta no desenvolvemento do Xacobeo 2027 aprobando o manual de uso da futura marca da celebración

Destaca que o Goberno galego dá “un paso máis” na planificación “dun dos eventos que vai ser fundamental para Galicia en todos os sentidos”