Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.181 novas da área temática Vivenda:

11/12/2025 | 19:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co Concello de Toques na rehabilitación da Escola unitaria da Cabana para vivenda accesible e no acondicionamento do entorno da Igrexa de San Martiño de Oleiros

O Goberno galego financia estas intervencións cun préstamo total de 140.000€ do Fondo de Cooperación, a través desta liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes

11/12/2025 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a tramitación para a construción de 17 vivendas públicas no concello coruñés de Culleredo

A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) promoverá estas 17 vivendas, que se construirán nunha parcela da rúa Alcalde Domingo Sierra, en Vilaboa, cedida pola Consellería de Facenda e Administración Pública á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

10/12/2025 | 12:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Máis de 1000 persoas reciben o Bono Emancípate da Xunta tras o aumento do orzamento ata os 2,2 M€

O reparto, feito por orde de solicitude, correspóndese con preto de 600 mozos en réxime de alugueiro e case 500 para propietarios

09/12/2025 | 15:11 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia un novo plan para impulsar no rural a rehabilitación de vivendas e adaptar locais baleiros como fogares cun investimento de 5 M€ ata o 2027

Trátase de fomentar a vida “nos municipios de menos de 5.000 habitantes” a través de axudas “para rehabilitar e rematar vivendas inacabadas” ou transformar locais en fogares

04/12/2025 | 13:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda pon en valor o traballo do Consorcio do Casco Vello de Vigo, no que a Xunta leva investido 30,5 M€ nos últimos 20 anos

Desde a súa creación en 2005, froito da colaboración autonómica e local, o ente puxo a disposición 140 vivendas e 36 locais comerciais

03/12/2025 | 18:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira Allegue pon en valor a colaboración da Xunta cos concellos para dar respostas efectivas ás necesidades de vivenda

Allegue subliñou que os municipios son actores fundamentais cos que a Xunta mantén aberto un amplo abano de posibilidades para incrementar a oferta de vivenda

03/12/2025 | 16:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trabada suma unha nova vivenda municipal rehabilitada co apoio da Xunta para dedicar a alugueiro accesible

O delegado territorial, Javier Arias, explica que o Goberno galego destinou 174.000 euros a colaborar co Concello na restauración de cinco inmobles dende que se puxo e marcha a liña de axudas para ese fin

03/12/2025 | 13:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
03/12/2025 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta incrementará nun 30% as axudas para que os concellos transformen inmobles municipais en vivendas públicas para alugueiro

Subliña que na nova convocatoria, dirixida aos concellos medianos e pequenos, o 95% do custe das obras de reforma estará financiado polo Goberno autonómico

02/12/2025 | 17:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O Concello da Peroxa súmase ao programa da Xunta para mobilizar solos de titularidade municipal para a construción de 7 vivendas protexidas

O departamento que dirixe María M. Allegue pon a disposición do Concello esta nova ferramenta que lle outorga apoio técnico para ofertar, mediante concurso público, dúas parcelas contiguas, situadas no núcleo do municipio ourensán