Actualidade
Buscador de novas
Belén do Campo informa de que 7 asociacións de polígonos industriais da provincia da Coruña recibirán máis de 500.000€ para mellorar a súa seguridade e competitividade
A delegada da Xunta destacou que estes apoios, de 1M€, con carácter bianual, van dirixidos ás asociacións de empresarios das áreas empresariais para a mellora da seguridade e a competitividade, incluída a obtención de selos ou certificacións de calidade que acrediten que a área cumpre con determinadas características diferenciais
A Xunta subliña o papel de Gradiant como referente tecnolóxico en intelixencia artificial, emprendemento e innovación
A directora do Igape, Covadonga Toca, visitou as instalacións do centro vigués, onde puxo en valor o seu traballo na creación de spin-offs e na posta en marcha do primeiro fondo de investimento deep tech impulsado por un centro tecnolóxico en Europa
A Xunta destaca en Monforte o potencial do emprendemento rural como motor de innovación e cohesión territorial
A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na inauguración do encontro “Innovación con raíces: emprendemento que transforma o rural” onde reivindica esta aposta como fórmula para xerar emprego, fixar poboación e proxectar Galicia ao mundo
A Xunta reafirma en Vigo a súa aposta estratéxica polo emprendemento ligado ao territorio e o impulso ao talento mozo como motor de riqueza e emprego
José González destacou que Galicia pon a disposición das persoas emprendedoras todos os recursos necesarios para facilitar a posta en marcha dos seus negocios a través de canles como a Rede de polos, que leva atendidos xa máis de 4.800 proxectos
Lorenzana destaca que a rede de aceleradoras da Xunta deu apoio xa a máis de 830 proxectos e leva xerado máis de 1.400 empregos cualificados
A BF Sport comeza o vindeiro luns, e ata o 19 de decembro, a súa fase de aceleración con seis startups seleccionadas dun total de 37 candidaturas que se presentaron ao inicio desta primeira convocatoria
Ribadeo e Barreiros clausuran dous obradoiros de emprego conxuntos financiados pola Xunta con 880.000 euros
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que formaron en total a 36 persoas desempregadas en especialidades relacionadas coa construción, limpeza, xardinaría e dinamización cultural
A Xunta somete a exposición pública a nova Lei de cooperativas que impulsará actividades estratéxicas e simplificará trámites
Anunciouno o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, que hoxe visitou en Nigrán a cooperativa Donde viven los cuentos en compañía da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño
A Xunta avoga polo fortalecemento das relacións comerciais con China como mercado estratéxico para impulsar a internacionalización das empresas galegas
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración subliñou a relevancia do encontro como espazo de colaboración público-privada para fomentar novas oportunidades de internacionalización e cooperación en mercados estratéxicos
A Xunta enxalza no 85 aniversario da Casa de Galicia de Nova York o labor desta entidade en prol da conservación e difusión da galeguidade nos EEUU
José González salientou o papel referente deste centro, que conta con arredor dun milleiro de persoas socias, no acompañamento á comunidade galega nos Estados Unidos, onde residen máis de 24.000 persoas