Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 579 novas da área temática Patrimonio:

10/10/2024 | 14:07 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta deixará á vista a escaleira escavada no cubo LXXI da Muralla, xunto á praza do Ferrol

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que é unha das máis grandes atopadas, está en bo estado e cerca do ascensor ao adarve, facilitando o acceso de todas as persoas interesadas

09/10/2024 | 14:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia reunirá en novembro a representantes de cidades como Nova York ou Xenebra nunha xornada sobre o papel das urbes fronte ao cambio climático

Os responsables municipais compartirán as súas experiencias co obxectivo de aproveitar sinerxías no desenvolvemento de políticas locais de sustentabilidade ambiental

09/10/2024 | 12:24 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos garante que a Xunta está a dar “todos os pasos necesarios” para que a Ribeira Sacra sexa recoñecida como Patrimonio Mundial pola Unesco

Salienta o congreso internacional que se celebrará a finais deste mes no municipio ourensán de Nogueira de Ramuín para revitalizar a candidatura de cara a 2026

07/10/2024 | 14:13 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Ortiz salienta a difusión do Patrimonio natural e cultural do Parque Nacional Illas Atlánticas a través da formación de guías especializados

A delegada da Xunta en Vigo deu a benvida este luns aos 60 profesionais de distintos sectores que participan na iniciativa para lograr a acreditación necesaria

06/10/2024 | 10:14 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A caixa de correos virtual do Teatro Fraga estará activa un mes máis para continuar a recibir propostas

A Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra amplían a recollida de ideas para enriquecer o plan de usos deste edificio emblemático pola boa acollida e alto interese

03/10/2024 | 13:21 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apoia a recuperación dos bens culturais da Ribeira Sacra de cara a potenciar a súa candidatura a patrimonio mundial pola Unesco

O Goberno galego ten investido preto de 8 M€ na posta en valor de máis de 40 inmobles patrimoniais deste territorio nas provincias de Ourense e Lugo

28/09/2024 | 13:46 | A Presidencia da Xunta; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta celebrará na Ribeira Sacra un congreso internacional para impulsar a súa candidatura a Patrimonio Mundial

O parador de Santo Estevo, no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, acollerá este encontro os días  27, 28 e 29 do vindeiro mes de outubro

26/09/2024 | 10:42 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta convida a coñecer o patrimonio xacobeo desde mañá nas cidades e vilas do Camiño de Santiago

Con motivo da presidencia este ano da Federación Europea do Camiño de Santiago, Turismo de Galicia organiza visitas guiadas este venres 27 e o sábado 28

20/09/2024 | 15:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude
18/09/2024 | 21:31 | A Presidencia da Xunta; Axencia de Turismo de Galicia

Rueda ensalza a rehabilitación do Mosteiro de Oia como un exemplo de protección do patrimonio galego e motor de desenvolvemento turístico

Destaca esta iniciativa como o “inicio dunha nova etapa” para este emblemático monumento que conta cunha axuda de 4 M€ por parte da Xunta para albergar un hotel e un restaurante