Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e o Concello do Porriño avalían un proxecto municipal para o acondicionamento e humanización dun espazo verde público na localidade
Tamén abordaron a implantación da recollida diferenciada de materia orgánica a través do quinto contedor
A Xunta ofrece preto de 900.000 m2 de solo urbanizado a prezos bonificados en 37 parques empresariais de toda Galicia
As empresas interesadas nestas 380 parcelas poderán beneficiarse de descontos sobre o prezo de venda estimados en máis de 34,8 M€
A Axencia de Protección da Legalidade urbanística e o concello de Barro coinciden na necesidade de prestar atención especial ás infraccións no Camiño de Santiago
Durante un encontro recente revisaron os diferentes núcleos de poboación, espazos protexidos e infraestruturas do municipio, analizando as súas singularidades urbanísticas
A Xunta concede 76 axudas para a adquisición de vivendas xa construídas en 19 centros históricos por preto de 650.000 euros
Ángeles Vázquez valora a boa acollida desta iniciativa entre a xuventude xa que o 52% das axudas foron recibidas por menores de 35 anos
A Xunta reitera o seu compromiso para converter Galicia nun exemplo de urbanismo responsable e valora os avances realizados no uso racional do territorio
Ángeles Vázquez lembra que a LOUGA supuxo “un antes e un despois” na regulación desta materia xa que os PXOM que se adaptaron a ela acadaron uns parámetros de calidade moi superiores aos anteriores
O boicot do concello de Vigo aos orzamentos do Consorcio Casco Vello paraliza cinco novas rehabilitacións
Marta Fernández-Tapias tivo que retirar do punto do día do comité executivo unha proposta para a reforma dun edificio por non dispor de presuposto
A Xunta define o concepto de rehabilitación integral de cara a facilitar a concesión de permisos e licencias urbanísticas
Encarnación Rivas pon en valor a colaboración e coordinación administrativa para unificar criterios en materia urbanística
A Xunta mantén o compromiso coas entidades veciñais cun investimento de 3 M€ destinados a garantir a súa actividade
O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe ao encontro organizado pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo ‘Lucus Augusti’ na parroquia de Pedreda
A Xunta licita por máis de 104.000 euros as obras destinadas a mellorar un espazo público en Mourelos, no Concello de Touro
A actuación enmárcase no plan Hurbe, impulsado en 2010 para apoiar ás entidades locais en proxectos que melloren as condicións e a calidade de vida da súa veciñanza
A Xunta subliña que o anteproxecto de lei estatal para reforzar a seguridade xurídica no urbanismo asume as demandas do manifesto liderado por Galicia
Valora a oportunidade desta iniciativa lexislativa xa que a anulación dos plans xerais se converteu nun problema estrutural que afecta a todas as comunidades e urxe á súa aprobación canto antes para ofrecer unha solución eficaz á situación actual