Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 547 novas da área temática Enerxía:

24/04/2026 | 13:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza na elaboración do novo plan sectorial eólico de Galicia

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, presidiu esta mañá en Santiago a segunda mesa de traballo para continuar co seu proceso de preparación

23/04/2026 | 14:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta defende unha minería comprometida coa sustentabilidade, a seguridade e a innovación

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, clausurou hoxe a Asemblea xeral da Asociación Galega de Áridos (Arigal)

23/04/2026 | 13:50 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Rueda centra a súa primeira xornada en China en reforzar e explorar novas relacións comerciais e económicas no sector da automoción

Visita varias factorías de loxística, compoñentes ou baterías e mantén un encontro coa directiva de SAIC Motors, un dos principais fabricantes chineses

22/04/2026 | 15:07 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta defende a necesidade de traspoñer a Directiva europea de enerxías renovables á normativa española para recoñecer o interese público superior dos eólicos

Ángeles Vázquez salienta que a Xunta está a cumprir co mandato comunitario e insiste na importancia de que o Goberno central faga o mesmo para poder impulsar a implantación de proxectos renovables co fin de acelerar a descarbonización

21/04/2026 | 14:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca a primeira mesa de traballo co Diálogo Social para avanzar na elaboración do novo Plan sectorial eólico de Galicia

O Goberno galego da así cumprimento ao compromiso adquirido no inicio da tramitación de impulsar un procedemento transparente e aberto á cidadanía

16/04/2026 | 16:11 | C. de Economía e Industria

A Xunta lembra que aínda está aberto o prazo para que empresas e autónomos soliciten as axudas para impulsar proxectos de aforro e eficiencia enerxética

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou en Ourense na xornada Enerxía renovable e eficiencia enerxética, na que fixo un repaso polos apoios cos que conta o Goberno galego para avanzar no proceso de descarbonización da economía

14/04/2026 | 17:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima a Aenor a participar no futuro mercado de créditos de carbono para avanzar no cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento sostible

Na reunión avaliaron posibles vías de colaboración noutros aspectos vinculados ás liñas estratéxicas da Consellería como a prevención e xestión do desperdicio alimentario

14/04/2026 | 14:35 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca a aposta que está facendo por Galicia o principal centro tecnolóxico aeroespacial de España

Catec leva anos traballando en Galicia vinculado ao Parque Empresarial de Rozas (Castro de Rei)

10/04/2026 | 12:31 | C. de Economía e Industria

Galicia aspira a liderar o despregamento dos proxectos de almacenamento enerxético para consolidar a transición a unha economía máis verde

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, inaugura en Santiago o BatteryGal 2026 III Xornada de Almacenamento Enerxético en Galicia, organizada polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal)

09/04/2026 | 16:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o papel esencial que vai xogar a minería no desenvolvemento económico dunha Galicia verde, sustentable e descarbonizada

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, inaugurou a Asemblea Xeral Ordinaria da Cámara Oficial Mineira de Galicia