Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.122 novas da área temática Infraestruturas:

25/09/2026 | 19:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras da senda na PO-352 no concello da Guarda, nas que inviste preto de 1,3M€

A actuación permitirá habilitar un itinerario peonil e ciclista continuo aproveitando a traza da PO-352 que circunvala o Monte de Santa Tegra

25/09/2026 | 13:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Alumnos do CIFP As Mercedes e do IES Sanxillao formaranse no Parque de Bombeiros, na Praza de Abastos e no Mercado Municipal de Lugo

O obxectivo é achegar os estudantes a contornas reais de traballo co complemento da experiencia das persoas que traballan nestas instalacións

25/09/2026 | 13:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Manuel Pardo pon en valor os máis de 840.000€ que a Xunta destina en actuacións de mellora do plan Ben_Estar en 40 centros educativos ourensás

O delegado da Xunta explicou que os traballos consistiron na reparación da cuberta mediante a colocación de chapa simple sobre parte da cuberta existente, e na execución de todos os remates necesarios para garantir a correcta estanquidade da infraestrutura e a adecuada evacuación das augas pluviais

25/09/2026 | 12:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Boqueixón cunha axuda de máis de 31.400€ para mellorar o local social de Lestedo

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e a delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, comprobaron as actuacións realizadas ao abeiro da convocatoria do ano pasado da Orde de infraestruturas de uso público

24/09/2026 | 21:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta apoia o sector da construción no encontro anual de Apecco

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e as conselleiras de Medio Ambiente e Cambio Climático e de Vivenda e Planificación de Infraestruturas participaron na entrega de distincións da Asociación Provincial de Empresarios da Construción da Coruña

24/09/2026 | 15:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto para mellorar a seguridade viaria na intersección das estradas LU-862 e LU-539 en Viveiro, que suporá un investimento de case 950.000 €

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o inicio deste trámite e dende mañá e durante 30 días hábiles poderanse presentar achegas ao proxecto

24/09/2026 | 15:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta inviste preto de 117.000 euros en axudas para actuacións de conservación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural das Fragas do Eume

Sinala que na convocatoria deste ano concedéronse un total de 11 apoios a particulares, concellos e asociacións no ámbito deste parque natural

23/09/2026 | 14:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a declaración de interese autonómico do proxecto de ordenación da contorna do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela

O obxectivo é dispoñer canto antes dos terreos necesarios para a ampliación e renovación do hospital, incluíndo as actuacións de urbanización, accesos e mobilidade

23/09/2026 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia outra promoción de vivendas públicas, 12 fogares na rúa Abdullah, na Coruña, cun investimento de 2,2 M€

A conselleira puxo en valor a “excepcional” aposta da Xunta pola vivenda na Coruña, con máis de 1.000 fogares de promoción pública en marcha e un investimento conxunto de preto de 200M€

22/09/2026 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue destaca que as novas sendas peonís na estrada AC-542 en Abegondo reforzarán a seguridade nos desprazamentos da veciñanza

A Xunta está a executar dous tramos de senda nesta vía autonómica, un deles en Montouto e o outro en Mabegondo, sumando entre ambos case 1 quilómetro