Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e Aspanas estudan colaborar na creación dun viveiro de plantas para a restauración ambiental do Parque Natural do Xurés
Marisol Díaz indica que esta iniciativa busca combinar a conservación do patrimonio natural coa participación activa das persoas vinculadas a esta asociación
Fabiola García felicita a Amicos por consolidarse como un referente europeo de compromiso medioambiental e inclusión
A conselleira participa no programa de conservación e coidado dos mares que desenvolve a entidade en Sálvora grazas ás axudas con cargo ao 0,7% do IRPF
Galicia rexistrou o verán meteorolóxico máis cálido desde o ano 1961 cunha temperatura media de 21,4 graos
Ángeles Vázquez indica que a temperatura media foi 2,3 graos superior ao período de referencia e, ademais, tanto as mínimas como as máximas foron tamén as máis elevadas de toda a serie histórica
A Xunta pon en valor o traballo da nova Unidade de investigación de conservación da natureza, que coloca a Galicia á vangarda en protección ambiental
Destaca o nivel de especialización desta brigada, integrada actualmente por oito axentes con formación específica en criminalística ambiental, manexo e captura de fauna silvestre e aplicación de novas tecnoloxías de vixilancia, entre outras cuestións
A Xunta denuncia que o Goberno central busca unha recentralización das competencias sobre a xestión do litoral coa reforma do regulamento de Costas
Ángeles Vázquez advirte de que á modificación do regulamento, que prevé cambios moi graves con relación ás concesións, súmase un novo intento do Goberno central de cambiar o marco normativo en materia de litoral para ampliar a liña de deslinde do dominio público o que podería afectar a máis de 2.500 edificacións costeiras en Galicia
Preto de 91.000 persoas visitaron o complexo medioambiental de Cerceda para coñecer o modelo maioritario de Xestión de Residuos de Galicia
Con este programa a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático pretende divulgar as instalacións e o servizo que presta Sogama en 304 concellos galegos
A senda divulgativa do viveiro público dos Trollos, en Bóveda, recibe preto dun milleiro de visitantes desde a súa apertura en xuño
O delegado territorial da Xunta en Lugo percorreu o itinerario e destacou o interese desta iniciativa para divulgar o patrimonio forestal e fomentar a súa conservación
A Xunta e o Concello de Crecente destinan 1,1 M€ á construción dunha estación depuradora e dunha rede de saneamento na parroquia de Rebordechán
Ángeles Vázquez subliña que se trata dunha solución integral que permitirá mellorar a recollida e o tratamento de augas residuais e dar resposta ás necesidades de saneamento da contorna
A Xunta destaca a importancia do compromiso ambiental da cadea mar-industria para garantir o coidado e o progreso da costa galega
Ángeles Vázquez salienta o traballo no eido da economía circular e da produción sostible que realiza Anfaco, que aglutina e representa a máis de 250 empresas do sector e aposta por un modelo industrial innovador e eficiente no uso dos recursos
O Plan de conservación da Xunta logra unha tendencia positiva da píllara das dunas en Galicia con 93 parellas reprodutoras, a cifra máis alta desde 2014
Tras salientar que se trata da cifra máis alta de exemplares que se rexistra desde o ano 2014, Ángeles Vázquez destaca tamén os 178 polos que lograron voar no marco do programa autonómico de cría ex situ, posto en marcha fai case unha década