Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 120 novas da área temática Solo empresarial:

02/10/2025 | 11:47 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con máis de 240.000 euros a modernización das infraestruturas de tres parques empresariais de Ferrolterra

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as obras financiadas no polígono das Somozas, un dos concellos da área beneficiados xunto aos de Cabanas e As Pontes

17/09/2025 | 15:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta formaliza a venda das dúas últimas parcelas dispoñibles no parque empresarial de Silleda

O Goberno galego está a impulsar a creación de novo solo industrial nas comarcas do Deza e Tabeirós coa ampliación dos polígonos de Lalín 2000 e Toedo (A Estrada)

12/09/2025 | 14:23 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia que a Xunta traballa xa na licitación do proxecto de expropiación de Toedo para iniciar as obras de ampliación do polígono no ano 2027

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o instrumento de ordenación deste parque empresarial que permitirá ampliar a súa superficie en preto de 157.000 m² cun investimento superior aos 13 millóns de euros

04/09/2025 | 13:20 | C. de Economía e Industria

Lorenzana anuncia a ampliación en 2,5 M€ das axudas para mellorar as infraestruturas dos parques empresariais galegos

Lembra que a axudas foron convocadas no mes de febreiro cun orzamento de tres millóns de euros e agora ante a súa boa acollida se amplía o seu crédito

31/07/2025 | 11:05 | C. de Economía e Industria; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta remite para tramitación ambiental o plan de ordenamento do polígono de Carballiño-Maside, que creará case 890.000 m2 de solo industrial na comarca

O Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial (Peose) multiplica por 2,6 a capacidade do actual polígono

30/07/2025 | 12:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta remata as obras de urbanización da Fase C do Parque Empresarial de Morás que suman preto de 230.000 m2 de solo industrial nunha comarca estratéxica para os emprendedores

O parque conta na actualidade cunha superficie de 1,3 millóns de metros cadrados, dos que 913.217 son de superficie útil para uso industrial

29/07/2025 | 15:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental condicionada ao proxecto de urbanización do ámbito do plan parcial de solo urbanizable no polígono de Veigadaña, en Mos

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a iniciativa teña efectos adversos significativos na contorna sempre que se cumpran as condicións fixadas no propio informe ambiental e na documentación avaliada

23/07/2025 | 12:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta avanza no proxecto de ampliación do Parque Empresarial de Lalín 2000 para dotar a comarca do Deza de 313.497 m2 máis de solo industrial

Xestur incorporará os informes sectoriais remitidos polo Concello para que este poida aprobar en setembro a redacción definitiva do proxecto de urbanización